Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Patrimonio:

12/02/2026 | 18:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía o patrimonio cultural de Galicia con seis moedas históricas que serán custodiadas e exhibidas no museo arqueolóxico de Ourense

López Campos salienta que son “emisións únicas dun valor excepcional” que dan testemuño material da presenza do Reino Suevo e do medievo renacentista

12/02/2026 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta investirá preto de 195.00 euros nas obras de mellora da capela de San Mauro, na Arnoia

O delegado territorial explicou que con esta actuación pretenderase resolver os problemas de estanquidade da cuberta e as afeccións producidas á súa estrutura de soporte de madeira, e de infiltracións de auga por capilaridade na zona da ábsida;  solucionar a ausencia de ventilación da igrexa; e mellorar a accesibilidade do acceso principal

11/02/2026 | 11:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Patrimonio Cultural autoriza a humanización dun tramo da rúa Serafín Avendaño

A Dirección Xeral comunica ao Concello o informe favorable para as reformas dun tramo próximo ao elevador Halo

09/02/2026 | 16:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta iniciou os traballos para reparar os danos causados pola chuvia na Muralla de Lugo

Javier Arias comprobou o inicio das actuacións na zona onde o sábado se rexistrou un desprendemento de pedras e puxo en valor a rápida resposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para garantir a conservación do Monumento

08/02/2026 | 13:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta actuará de urxencia para reparar os danos causados pola chuvia na muralla romana de Lugo

As fortes precipitacións rexistradas nas últimas xornadas provocaron un derrube entre as portas do Carme e de Santiago

07/02/2026 | 13:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a licitación das obras na igrexa Nosa Señora da Laxe de Vilasantar por máis de 256.000€

O proxecto, que acaba iniciar os trámites de contratación, estará centrado na fachada e no campanario para resolver problemas de entrada de auga e de estabilidade

05/02/2026 | 12:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recibiu 2.142 expedientes desde a modificación da Lei de patrimonio cultural, 282 menos que no mesmo período do pasado ano

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude atribúe esta redución a trámites que xa poden ser resoltos por concellos e particulares, grazas aos cambios na normativa

04/02/2026 | 14:31 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo subliña os máis de 1,3M€ que a Xunta destinou para a reestruturación e reconversión de viñedos na provincia ourensá

O delegado territorial destacou que esta orde de achegas da Consellería do Medio Rural, que contan cun orzamento resolto para toda Galicia de máis de 3 millóns de euros, na provincia de Ourense foron beneficiados 81 persoas viticultoras e bodegas, que permitirán actuar en 99,5 hectáreas de viñedo

04/02/2026 | 12:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo supervisa a execución das obras de mellora do retablo da igrexa de San Fins de Sales que contan cun apoio da Xunta de máis de 62.000€ e que estarán rematadas en 4 meses

A delegada da Xunta coñeceu de primeira man do restaurador as medidas que se están levando a cabo para resolver as distintas patoloxías detectadas na estrutura do retablo

03/02/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta avanza coa Unesco na estratexia de cara a impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial na recta final do proceso

López Campos continúa con “encontros claves”, tras a xuntanza co ministro de Cultura, “na liña de preparar unha consistente folla de ruta para os vindeiros meses”