Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.902 novas da área temática Áreas temáticas:

16/09/2026 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o Plan Senda 2028 cun investimento de 24,4M€ para avanzar cara a unha xustiza dixital máis eficaz e accesible

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou no Parlamento as principais liñas deste novo plan tecnolóxico xudicial

16/09/2026 | 13:48 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación de investigación biomédica Galicia Sur colaborarán nun proxecto piloto para a vixilancia molecular da lexionelose

O financiamento desta iniciativa correrá a cargo da Consellería de Sanidade, que achegará a cantidade de 18.150 euros

16/09/2026 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Frades destinan 615.000 euros á mellora da ETAP para garantir un abastecemento de auga máis moderno, seguro e eficiente

Ángeles Vázquez salienta que esta actuación permitirá mellorar a calidade do servizo á poboación, así como contar un sistema máis preparado para afrontar períodos de seca, picos estacionais de consumo e futuras necesidades de abastecemento

16/09/2026 | 13:38 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP afonda na formación especializada sobre a ordenación da economía e os sectores regulados

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurará a actividade formativa xunto co director do curso e catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega

16/09/2026 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o incremento do 5% do plan anual da cooperación galega deste ano ata acadar os 10,3M€

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destacou no Parlamento que ata setembro xa se executou o 90% do Plan

16/09/2026 | 13:29 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo anima aos viaxeiros a participar no Outono Gastronómico en Turismo Rural 2026 que conta cunha oferta de 71 establecementos adheridos en Galicia

Ofrécense desde menús especiais, ata paquetes con estadías e nalgunhas das casas e tamén haberá actividades que van desde catas de viños, descenso en canoa, estancias en spa, sendeirismo ou visitas culturais, entre  outras

16/09/2026 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o éxito do programa Enredando Tour que permitiu xa achegar as ferramentas dixitais a máis de 1.300 maiores do rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública asistiu á clausura da cuarta edición, na que participaron máis de 240 persoas de 21 localidades

16/09/2026 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Cidade Infantil Príncipe Felipe como referente do sistema galego de protección á infancia e exemplo de colaboración entre administracións

Pon en valor que o modelo autonómico de atención aos menores vulnerables é dos máis integradores de España

16/09/2026 | 13:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta traballa para que o Xacobeo 2027 sexa unha oportunidade única para a promoción do turismo de congresos

Xosé Merelles destacou o Xacobeo 2027 como “punto de inflexión” e puxo en valor o Plan Director de Patrocinios para artellar a colaboración público-privada ao redor dunha programación diversa e participativa

16/09/2026 | 12:50 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade anuncia a posta en marcha en outubro do servizo de hospitalización a domicilio en Ortigueira, Cariño e Cedeira

Gómez Caamaño remarca que, deste xeito, dáse resposta a unha demanda do Concello e do alcalde de Ortigueira, que se materializa pese ás dificultades actuais derivadas da falta de profesionais sanitarios