Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta pola transmisión do oficio artesanal da sombreirería para garantir a remuda xeracional
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe en Santiago ao curso completo de sombreirería artesanal que imparte o artesán Félix de Martín ata o mes de xuño
A Xunta participa na entrega de premios da campaña ‘Merca no teu comercio’ celebrada na Coruña
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asistiu ao sorteo especial de 1.000 euros correspondente á primeira edición desta iniciativa de colaboración coa Federación Galega de Comercio
A Xunta reforza a captación de talento co investimento de máis de 11 M€ en 2025 de cara a cubrir vacantes e mellorar o tecido produtivo galego
Dentro da iniciativa, José González debullou medidas novas a prol da volta de galegos como arredor de 2M€ para rehabilitar vivendas vinculados ao Retorna Cualifica Emprego, sumados ás bolsas BEME ou ás axudas extraordinarias ao retorno que soben
A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional
O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias
A Xunta resalta en Sagunto a aposta estratéxica de Galicia polo comercio local como eixo fundamental de desenvolvemento social e económico
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no XII Congreso Internacional de Cascos Históricos para poñer en valor o papel do comercio no dinamismo de barrios, vilas e cidades
Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024
O director xeral de Comercio e Consumo presidiu a reunión do xurado destes galardóns que buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a súa traxectoria e incentivalos a mellorar con especial atención ás novas xeracións
A Xunta destaca a Elena Ferro como un referente na actualización dos oficios artesanais tradicionais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na xornada Elena Ferro: creatividade na pel, dentro do ciclo De pioneiras e andainas, organizado polo Consello da Cultura Galega
A Xunta fomenta o emprendemento e a mellora da competitividade das pemes lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Lugo as instalacións de LMB Twice, beneficiaria de distintos apoios do Goberno galego para impulsar a súa actividade
A Xunta fomenta a dinamización do comercio local de Vigo a través dunha nova edición do concurso de Nadal de escaparatismo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da iniciativa Ilumina o teu escaparate organizada polas asociacións de comerciantes