Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede máis de 3 M€ en achegas a preto de 115 concellos para realizar auditorías e obras de mellora na rede de saneamento
Outra liña de incentivos por importe de preto de 500.000 € beneficiaron a un total de 41 comunidades de usuarios de abastecemento para optimizar as súas instalacións
A Xunta inicia as obras de ampliación do saneamento da parroquia de Santa María, en Melide
Esta actuación, que supón un investimento de máis de 150.000 euros e cuxa duración estimada é de dous meses, consiste na execución dun novo colector de 453 metros e de 10 pozos de rexistro que permitirán conectar unha ducia de vivendas á rede municipal
A Xunta salienta o traballo realizado polos axentes e o dispositivo de extinción para protexer o Parque Natural do Invernadeiro dos incendios
Ángeles Vázquez explica os labores de emerxencia que executou o seu departamento nas últimas semanas, que incluíron a mellora de cortalumes perimetrais, actuacións de ataque manual ás frontes do lume e a mobilización de dúas máquinas pesadas
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de case 650 metros no concello da Capela
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse case dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e de biomasa na canle fluvial para evitar atoamentos
A Xunta licita por máis de 812.000 € as obras de mellora para reducir o risco de inundación do río Fontecova, en Viveiro
A actuación está destinada a mellorar a capacidade hidráulica do leito do río e a evitar asolagamentos no núcleo da Tafona
A Xunta anuncia axudas económicas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos e infraestruturas de uso público danados polos incendios forestais
Ángeles Vázquez explica que se cubrirán gastos relacionados coa sementeira de cereais para garantir alimento para a fauna silvestre e a recuperación dos solos así como a reposición e reparación de miradoiros, varandas, pasarelas de madeira, material de sinalización e elementos de áreas recreativas, entre outras instalacións
A Xunta promove a reciclaxe e o consumo sostible de produtos relacionados co surf no Tinglado de Pantín
Os visitantes ao Tinglado poderán adquirir produtos de segunda man de cidadáns particulares relacionados con este deporte como táboas, quillas, cascos ou neoprenos
A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos ríos Grande, en Camariñas, onde melloran os niveis, e Lérez, en Pontevedra
Ángeles Vázquez incide na concienciación cidadá sobre a escaseza de auga e da necesidade de fomentar o aforro e, dentro do espírito de colaboración, apela á implicación dos concellos para establecer as medidas que consideren apropiadas
A Xunta habilita a tramitación electrónica do sistema de identificación de animais de compañía para axilizar o proceso de rexistro e facilitar o labor dos veterinarios
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se habilitan dous novos procedementos na sede electrónica para que, por primeira vez, os veterinarios habilitados poidan presentar de forma dixital as solicitudes relacionadas co Regiac