Actualidade
Buscador de novas
O novo Instituto Padre Feijóo terá máis de 5.500 m² e aulas para un máximo de 370 alumnos
O titular do departamento educativo da Xunta destaca a importancia desta nova infraestrutura, que sae mañá a licitación, cun investimento de máis de 11 M€, para mellorar os servizos públicos dos veciños deste concello
A Xunta impulsa a reforma da Lei de Dereito Civil de Galicia para adaptala á realidade social e tecnolóxica actual
O obxectivo é prestar especial atención á protección de persoas con discapacidade, idade avanzada ou en situación de soidade non desexada, co reforzo do contrato de vitalicio
Fabiola García celebra a adhesión do Concello de Moraña ao proxecto de novas residencias de maiores
Este recurso contará con 30 prazas e complementarase con outro de maior tamaño que se emprazará en Marín e que ofertará máis de 100
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará o Hospital Álvaro Cunqueiro na procura da solidariedade dos profesionais sanitarios
O xoves 17 de setembro, unha unidade móbil estará estacionada diante da entrada principal do centro hospitalario en horario das 09:30 ás 14:30 horas, para fomentar a doazón dos traballadores e traballadoras e da cidadanía viguesa
Activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra
O lume iniciouse ás 15.25 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
A Xunta mobiliza medios e recursos anticontaminación nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia
Tras recibir o aviso da rotura dunha balsa de xurros a pasada noite a través do 112, Augas de Galicia enviou ao persoal do Programa de control de vertidos para inspeccionar a zona e facer un seguimento que continúa hoxe coa toma de mostras e a realización de analíticas para detectar posibles afeccións
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de Chantada
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se concederon senllas axudas para instalacións de xeotermia na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local
A Xunta lamenta que non houbese avances na xuntanza técnica de hoxe para axilizar o traspaso das competencias sobre as autorizacións iniciais de traballo e agarda que se resolva na próxima reunión
A transferencia sofre unha nova demora ao recoñecer o Goberno central que cometeu un erro na proposta presentada á comunidade autónoma