Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta impulsa a construción da futura planta de clasificación de residuos téxtiles en Cerceda co inicio dos traballos de movemento de terras
Cun investimento de 22,4 M€, dos cales 10,2 M€ se financiarán con fondos europeos, as novas instalacións ocuparán unha superficie de 8.000 m2 e contarán cunha capacidade inicial para tratar 3.000 Tn/ano, ampliable ata chegar a 24.000 Tn/ano
A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas
A maiores, tamén se aplicarán medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a construción dunha explotación de cría de preto de 130.000 pitas no concello de Palas de Rei
A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a execución da iniciativa poida ter na contorna
A Xunta e Ecovidrio colaborarán nos próximos anos para afianzar o liderado de Galicia en canto á taxa de reciclaxe de vidro, que se sitúa xa por riba do 80 %
Ángeles Vázquez salienta os bos resultados acadados na Comunidade, cunha mellora constante das cifras de recuperación destes refugallos durante o período 2021-2024 e superando xa o obxectivo fixado neste eido a nivel nacional para o ano 2025
A Xunta realiza novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña que elevan a máis de 400.000 € o investimento neste xacemento nos últimos anos
Estas sondaxes realízanse ao abeiro das 81 actuacións do Goberno galego para 2025 en toda Galicia, 14 delas na provincia da Coruña por valor de 217.000 euros
A Xunta concede 33 axudas por un importe global de 90.000 € para financiar actuacións de conservación e mellora de árbores e formacións senlleiras
Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo das intervencións, cun límite de 4.500 € por exemplar e de ata 8.000 € en caso de que se trate dun conxunto
A Xunta ultima a Lei do clima para que Galicia estea mellor preparada para afrontar episodios de calor como a vaga desta semana
Anomalías puntuais coma esta non poden atribuírse unicamente ao cambio climático, pero que cada vez son máis habituais polo quecemento global, polo que é importante adoptar medidas para facerlles fronte
A Xunta outorga a autorización ambiental integrada ao proxecto que Biofibras de Galicia prevé desenvolver nas Pontes, completando así a tramitación ambiental
A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria, como órgano substantivo, para a súa autorización definitiva ou non
A Xunta lanzará este mes unha campaña para concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o uso responsable e eficiente da auga
Ángeles Vázquez lembra a importancia de manter boas prácticas no consumo de auga todo o ano, pero especialmente no verán cando a súa dispoñibilidade é menor e a demanda sobe en moitas localidades ao aumentar a poboación polo turismo
A Xunta e a Asociación Eólica de Galicia solicitan ao Tribunal Superior de Xustiza que poña fin canto antes á paralización do sector tras a sentenza europea
Celebran que a resolución do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo garante ao fin a seguridade xurídica, xa que avala a tramitación ambiental que se fai na Comunidade