Actualidade
Buscador de novas
A Xunta completa traballos preventivos en 24 quilómetros de pistas do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés para potenciar a defensa contra os lumes
As actuacións levadas a cabo en montes da Lama e Ponte Caldelas tamén abrangueron traballos en 2,7 quilómetros de faixas cortalumes, sempre co fin de impulsar a súa operatividade na loita fronte os incendios forestais
A Xunta amplía a dotación orzamentaria das axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas ata case 2 M€
A convocatoria incrementa en 1,24 M€ o orzamento inicial para contribuír á rexeneración ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas
A Xunta tramita a inscrición de 19,5 hectáreas do monte das Costas, en Paderne de Allariz, no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro e os interesados en presentar alegacións teñen un prazo de dous meses dende mañá
A Xunta inicia o procedemento de aprobación do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra de Miño, e o declara de utilidade pública e interese social
A superficie desta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, é de 22,21 hectáreas, e está distribuída en 237 parcelas de 148 propietarios
O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Remuíño, no concello ourensán da Arnoia
Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, porá en valor 224 hectáreas, distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios
A Xunta anima a intensificar a colaboración público-privada no sector forestal galego a prol da valorización das frondosas
José González definiu esta liña de traballo como un “reto de futuro”, tendo en conta “a importancia que estas masas arbóreas teñen no territorio, na prevención de incendios, na sustentabilidade e na biodiversidade dos nosos montes”
A Xunta destina 800.000 euros en axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se recollen as bases reguladoras da convocatoria de 2024, que subvencionará proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado e promovan este eixe estratéxico da economía galega
O Simposio Internacional de Frondosas aborda na súa segunda xornada a resiliencia e o cambio climático dentro do sector forestal
O foro, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, arrancou esta mañá da man da investigadora finlandesa Pekka Ritvanen, cun relatorio sobre a densificación e o termotratamento para a construción con bidueiro
A Xunta pon en valor no simposio internacional de frondosas o intercambio de coñecemento para seguir potenciando a innovación no sector forestal
O congreso foi inaugurado esta mañá polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e celebrarase ata o venres na sede da UNED en Lugo