Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.870 novas da área temática Economía:

14/02/2025 | 13:09 | C. do Mar

Xunta e USC estudarán os beneficios de rebaixar o IVE aos produtos do mar de cara a estimular o seu consumo e reactivar economicamente o sector

Esta colaboración súmase a outras que están en vigor, e que están destinadas á recuperación, transformación e resiliencia de moluscos como o berberecho ou á avaliación da calidade do medio mariño e o seu efecto sobre o marisqueo

13/02/2025 | 15:13 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama ao Goberno que a nova planificación eléctrica garanta a subministración que precisan os proxectos industriais previstos en Galicia

Sinala que medidas como a repotenciación, que implica un incremento da xeración, tamén precisan un reforzo nas redes de transporte de enerxía

13/02/2025 | 13:13 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta co novo rexurdimento do Pazo de Lourizán ao investir máis de 17 M€ na súa rehabilitación

Salienta que se trata dun espazo emblemático cun alto valor cultural, histórico e natural

11/02/2025 | 17:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 1 M€ na mellora dos parques empresariais da provincia de Pontevedra

O delegado territorial visitou os resultados das obras de ampliación da rede de alumeado do polígono industrial da Pedreira, en Meaño

11/02/2025 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por fomentar a diversificación do sector industrial en Galicia para reducir a dependencia do exterior

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron hoxe na xornada de presentación do informe de BDO Retos e perspectivas de investimento en Galicia para 2025

10/02/2025 | 20:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que as exportacións galegas a Francia representan case o 20 % do total das vendas ao exterior

Destaca que no 2023 as exportacións ao país galo acadaron preto de 5.300 millóns de euros

08/02/2025 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións do proxecto Fixar que potencian os espazos ‘coliving’

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa Asociación Cultural Sende e da que forman parte os coliving de Sende, Anceu e iSlow

08/02/2025 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a excelente acollida do programa Renova o teu vehículo, que acumula xa máis de 600 solicitudes en dúas semanas

Destaca que, segundo o tipo de motor, estas axudas están sendo máis demandas para vehículos híbridos de gasolina, seguidos dos de gas natural (GLP), gasolina, os híbridos enchufables e os eléctricos puros

07/02/2025 | 14:57 | C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a súa aposta pola innovación e o emprendemento cooperativo coas novas axudas do Igape e Emprego

Toca Carús pon en valor o amplo abano de liñas activado este ano, que suma máis de 172 millóns para promover o impulso á innovación, á dixitalización e á internacionalización do tecido produtivo galego