Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.196 noticias de la área temática Medio ambiente:

05/04/2025 | 10:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 130.000 euros o servizo de análise sanitaria de poboacións piscícolas dos ríos galegos

O contrato, adxudicado á Universidade de Santiago de Compostela, permitirá realizar a toma de mostras para a vixilancia e control do estado sanitario dos seres que habitan as augas galegas nos vindeiros dous anos

04/04/2025 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta busca solucións innovadoras para mellorar a prestación de servizos públicos á cidadanía

Seis consellerías presentan os seus proxectos a empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos para coñecer o grao de desenvolvemento destas tecnoloxías no mercado

04/04/2025 | 14:19 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma a alianza entre Galicia e Cantabria para esixir un financiamento autonómico xusto e unha xestión equilibrada do lobo

Aposta por negociar un novo modelo de financiamento “no que Galicia vai reclamar non menos de 500 millóns” máis ao ano

04/04/2025 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala paneis informativos para sensibilizar á cidadanía sobre a área de risco de inundación do río Belelle, no concello de Neda

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos que entrañan estas zonas e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio deste tipo

03/04/2025 | 19:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As instalacións galegas implicadas no comercio de dereitos de gases de efecto invernadoiro reduciron un 24% as súas emisións en 2024

Os establecementos industriais de Galicia que participan neste mercado declararon o ano pasado a emisión dun total de 3,5 millóns de toneladas de dióxido de carbono, a cifra máis baixa da serie histórica, que se remonta a 2005

03/04/2025 | 16:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon o programa Escolas Verdes polo Clima como exemplo de acción educativa para promover prácticas sostibles entre máis de 11.000 alumnos e docentes

Ángeles Vázquez explica que este programa está deseñado para apoiar os centros educativos no seu esforzo para mellorar, innovar e organizar accións educativas que integren desde as primeiras etapas escolares os valores de sostibilidade

03/04/2025 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que compañías innovadoras como Ceamsa son un modelo a imitar por outras máis pequenas nas accións fronte ao quecemento global

Ángeles Vázquez destaca que este tipo de adhesións á alianza contribúen a convertela nun foro de intercambio de sinerxías co que avanzar no coidado do medio ambiente e no desenvolvemento de prácticas sostibles

03/04/2025 | 14:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 730.000 euros a optimización do sistema Merlin de predición do risco de inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Cun prazo de execución de 8 meses, o contrato busca actualizar esta ferramenta de alerta temperá co fin de acadar unha xestión máis eficiente dos recursos hídricos e a mitigación dos riscos asociados aos desbordamentos

02/04/2025 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez agarda que se poña fin á parálise xudicial de proxectos eólicos en Galicia tralos fallos do Supremo que avalan a tramitación da Xunta

A conselleira asegura que a comunidade se atopa nunha situación insólita en canto ao desenvolvemento deste tipo de enerxía renovable, perdendo a oportunidade de captar investimentos e de crear emprego

02/04/2025 | 14:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Sexta edición da campaña Pilabot da Xunta chega ao seu ecuador coa realización de talleres didácticos en medio cento de colexios e as primeiras recollidas

María José Echevarría destaca a necesidade de fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e de promover actitudes positivas entre a mocidade para previr problemas de contaminación derivados dunha xestión inadecuada destes refugallos