Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.990 novas da área temática Cultura:

18/09/2025 | 12:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe á programación escénica da cidade da Coruña con 17 actuacións no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto de exhibición, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as 43 entidades locais asociadas, achega 12 representacións ao Fórum Metropolitano e cinco ao Teatro Rosalía Castro

17/09/2025 | 18:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego retoma as funcións do espectáculo ‘A serie clopen’ tras o éxito da súa estrea no Salón Teatro de Santiago

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu á representación desta nova produción da compañía pública na súa sede compostelá, onde permanecerá en cartel ata o 26 de outubro con pases de mércores a domingos

17/09/2025 | 13:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer premian a Rita Doallo co IV premio Simbad

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participa na entrega deste galardón á autora pola súa obra ‘Astralistoria’

17/09/2025 | 13:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta segue a impulsar os servizos bibliotecarios en toda Galicia coa integración na Rede galega dun novo centro en Tomiño

Coa incorporación ao sistema, o Executivo galego garante o cumprimento das prestacións deste espazo para a veciñanza

17/09/2025 | 13:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A oitava edición do festival Intersección converterá A Coruña en escaparate das novas linguaxes do cinema co apoio da Xunta

Máis de 100 filmes independentes de 17 países forman o programa, que inclúe tres apartados a concurso

17/09/2025 | 12:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A música e a danza de Galicia poñen rumbo cara á Fira Mediterrània de Manresa co patrocinio da Xunta

López Campos salientou a calidade da representación que conforman Ailá, Daniel Rodríguez Cía, Gala i Ovidio e Jaime Pablo Díaz

16/09/2025 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel do mercado ‘Artesanamente’ na posta en valor dos oficios tradicionais e das marcas artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria

A Fundación Artesanía de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria colaboran na organización da primeira edición deste evento, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela, na sede de Afundación

16/09/2025 | 13:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O proxecto de artes escénicas ‘Ocupación Miñota’ chega a Ponteareas co apoio da Xunta para tender pontes entre Galicia e Portugal

A compañía pública galega colabora co colectivo portugués Comédias do Minho para ofrecer cinco días de espectáculos e actividades arredor do teatro no marco das Residencias Artistea

16/09/2025 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa a difusión da arte contemporánea de creadores galegos a través do programa ‘Aberto 25’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa na que dez galerías galegas inaugurarán simultaneamente a súa tempada expositiva