Actualidade
Buscador de novas
Estudantes de FP de seis centros galegos participan nunha competición nacional de vehículos eléctricos fabricados por eles mesmos
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, asisten a esta proba na Estrada, unha das sedes do circuíto Green Power
A Xunta adxudica a nove entidades e concellos as axudas para o ‘Xuventude Mentoring na Empresa’
Destínanse 1,5M€ para estadías formativas de ata catro meses en organismos públicos ou privados para a mocidade de 18 a 30 anos
Belén do Campo anima aos 16 alumnos do obradoiro de emprego de Santiago a aproveitar estes 12 meses de formación grazas a un investimento da Xunta de máis de 438.000 €
Belén do Campo sinalou que estas iniciativas, financiadas polo Goberno galego, tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade
Román Rodríguez destaca o apoio de 3,2M€ da Xunta a Aimen para un novo centro de fabricación avanzada
Román Rodríguez participa nas XVIII Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser de Aimen, ás que asisten profesionais, investigadores e expertos para analizar os últimos desenvolvementos da tecnoloxía láser a nivel industrial
Aberto o prazo de inscrición para o IV Encontro CIBER.gal, que se celebrará os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura
O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento que ofrece paneis, conferencias e talleres con contidos para as administracións públicas, a cidadanía e o tecido empresarial
A Xunta aposta por adaptar o traballo dos grupos do diálogo social ás novas realidades do mercado laboral
Entre as cuestións e retos a atender están a flexibilidade da formación, a prevención de riscos laborais, o absentismo e a igualdade laboral, no ámbito do emprego, así como a industria e enerxía, o naval e a automoción, no eido da economía e industria
Aneiros incide no compromiso da Xunta coa formación orientada á empregabilidade durante a inauguración da II Feira ‘Festalent’ do Campus Industrial
Destaca o papel do campus de Ferrol como “motor económico e de dinamización dunha comarca inmersa nunha gran transformación produtiva”
Galicia insiste ao Goberno central na necesidade de flexibilizar os fondos de formación para o emprego e que teña en conta a realidade das autonomías
Neste encontro abordouse a distribución territorial deste ano de fondos xestionados polas comunidades autónomas no marco dos Programas de cooperación territorial para as accións formativas destinadas a persoas traballadoras
Rueda destaca a contribución do Centro Superior de Hostalería á calidade do sector turístico galego
Destaca as melloras que se acometeron para flexibilizar e mellorar o acceso a estes estudos