Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.027 novas da área temática Emerxencias e interior:

15/06/2026 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta desenvolve un novo e avanzado sistema de simulación de propagación de grandes incendios que permite anticipar o seu comportamento e apoiar a toma de decisións na súa xestión

Alfonso Rueda explica que o Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal), desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dotará o operativo de loita contra o lume “a partir deste verán” dunha ferramenta propia con capacidade para “adiantarse á realidade, comparar distintos escenarios de evolución e avaliar as medidas de extinción”

15/06/2026 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1M€ ás novas axudas aos concellos para a adquisición de equipamento destinado á prevención de lumes forestais

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as bases reguladoras da iniciativa, destinada a localidades de ata 30.000 habitantes que poderán recibir un máximo de 30.000 euros por proxecto

15/06/2026 | 11:38 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Desactivada a situación 2 e estabilizado o incendio forestal de Padrón, parroquia de Herbón

Esta situación operativa de emerxencia foi declarada o sábado, día 13, pola proximidade do lume aos núcleos de Cruxeiras de Abaixo e Sobrerribas

14/06/2026 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta desactiva as alertas por episodio de calor

Hoxe as temperaturas, aínda que altas, volven ser as habituais para a época do ano

14/06/2026 | 09:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do GES de Laza coa entrega dun vehículo para servizos varios

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, formalizou a cesión co alcalde co obxectivo de mellorar a capacidade operativa do GES, optimizar os tempos de resposta e incrementar a seguridade do persoal e da cidadanía.

12/06/2026 | 17:46 | C. de Sanidade
11/06/2026 | 19:41 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá venres a alerta por episodios de calor que afectarán principalmente ao interior da provincia de Pontevedra

A alerta de nivel vermello afecta aos seguintes concellos do interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

11/06/2026 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O servizo de Atención e Información á Cidadanía 012 recibiu o ano pasado máis de 833.000 interaccións entre chamadas, correos, mensaxes, aplicacións e outras vías

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o traballo realizado desde a sede no Pereiro de Aguiar para canalizar as peticións da cidadanía sobre unha trintena de servizos da Xunta

11/06/2026 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na sesión do Consello Consultivo e no Pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña

No Pleno ordinario aprobáronse, distintos convenios de colaboración, entre os que se inclúen o acordo co grupo Coca-Cola European Partners en materia de actuación preventiva, asesoramento e intervención en emerxencias, así como o convenio con Gaba Formación para o desenvolvemento de prácticas profesionais non laborais