Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.019 novas da área temática Turismo:

21/06/2026 | 11:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta intensifica a promoción do destino Galicia coa visita de creadores de contido e xornalistas de cinco países de Europa, América e Asia

No marco do plan de promoción anual, a Xunta promove este mes de xuño varias viaxes de familiarización dirixidas a creadores de contido e medios de comunicación de mercados estratéxicos

20/06/2026 | 14:24 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza a III Etapa Popular Camiño da Costa entre Vigo e Redondela con récord de inscricións

Máis de 200 persoas responden á chamada para participar no andaina que se celebrará este domingo, 21 de xuño, para reclamar a sinalización da ruta en Vigo

19/06/2026 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca que Ribadeo exemplifica a aposta da Xunta por un turismo de calidade dentro da marca España Verde

O director de Turismo puxo en valor a estratexia para 2026 con accións de promoción en mercados de longa distancia e o reforzo en áreas coma a dixitalización

18/06/2026 | 19:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia no festival O Son do Camiño unha nova edición da iniciativa ‘Van polo Clima’ para concienciar á mocidade sobre o quecemento global

Ángeles Vázquez indica que o obxectivo deste ano é superar esa cifra e consolidar esta acción como unha nova fórmula de divulgación ambiental baseada na participación, no xogo e a interacción directa coa mocidade

18/06/2026 | 16:09 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta instalará puntos lila e arco iris nos oito principais festivais de música de Galicia

Estes espazos de sensibilización, asesoramento e atención percorrerán O Son do Camiño, Resurrection Fest, Festival de Ortigueira, Portamérica, Atlantic Fest, Morriña Fest, Río Verbena e Caudal Fest

18/06/2026 | 15:43 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa unha nova edición de Costa Feira como gran cita musical do verán das Rías Baixas e unha previsión de asistencia de máis de 60.000 persoas

O comisario do Xacobeo 2027 presentou o ciclo que incluirá máis dunha decena de concertos entre o 24 de xullo e o 22 de agosto

17/06/2026 | 14:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta afianza o Programa Vexo Veo Xacobeo como ferramenta para divulgar os valores do Camiño entre os máis pequenos ás portas do Xacobeo 2027

Nesta quinta edición participaron 20 centros educativos e case 1.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia