Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.714 novas da área temática Educación:

04/09/2025 | 18:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o papel do Sistema Universitario Galego como piar do desenvolvemento económico e social e reafirma o compromiso da Xunta cunha universidade de calidade e accesible

Destaca o diálogo e o consenso como base dun modelo que conta cun financiamento plurianual de 3.100 millóns de euros para 2022-2026, e subliña que Galicia é a primeira Comunidade en acadar o obxectivo do 1% do PIB en financiamento universitario

04/09/2025 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo de solicitude da bolsa de prácticas no ámbito da I+D+i na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

A Xunta ofrece este programa formativo para brindar a oportunidade de entrar en contacto cos asuntos europeos no ámbito da innovación e da investigación a través da realización de prácticas na oficina de Bruxelas da fundación

03/09/2025 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sitúa a inclusión como ‘prioridade absoluta’ para blindar o modelo galego de calidade e igualdade

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sinala no Parlamento que Galicia vai seguir dando pasos para afianzar “aínda máis” o seu liderado neste eido

03/09/2025 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reitera ao goberno central a petición de que baixe o IVE das obras educativas para mellorar as infraestruturas de máis centros

Esixe co-responsabilidade ao Goberno do Estado nun momento no que a maioría dos colexios e institutos están a cumprir medio século e precisan melloras

03/09/2025 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que o obxectivo da Xunta é consolidar a Galicia como líder absoluto de escolarización en 0-3 por cuarto curso consecutivo

A conselleira pon en valor a continua ampliación da rede de prazas públicas, con 61 novas no concello de Ordes grazas á apertura da nova escola municipal ‘Herminio Rial’, financiada polo Goberno galego con máis de 930.000 euros

03/09/2025 | 10:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dá a benvida aos 1.113 docentes que se incorporan este curso a centros de case 200 concellos

Román Rodríguez felicítaos por ter acadado praza nas oposicións celebradas este verán e destaca a aposta do Goberno galego pola estabilidade do profesorado

02/09/2025 | 15:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima os tres alumnos que amosarán o gran nivel da FP galega no campionato Euroskills

O conselleiro de Educación recibe os mozos que representarán a nosa Comunidade en Dinamarca: Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago

02/09/2025 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de máis de 291.000€ que permitiu renovar a cuberta no CEIP de Sigüeiro en Oroso

A delegada da Xunta lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer este ano 131 actuacións en centros educativos da provincia da Coruña cun investimento total de 44M€

02/09/2025 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 84% dos colexios e institutos e-Dixgal incorporan este curso libros de texto co fin de afianzar o modelo galego de ensino híbrido

Román Rodríguez destaca a boa acollida por parte dos centros da primeira fase de actualización do modelo impulsado pola Consellería de Educación