Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.959 novas da área temática Infraestruturas:

08/07/2025 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 60 obras por preto de 8 M€ en centros educativos da provincia de Lugo

Avanzarase na execución en distintas fases de 13 grandes intervencións, que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais

08/07/2025 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará a seguridade viaria en Viveiro coa construción dunha rotonda na contorna da Capela da Misericordia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se traballa no proxecto para facilitar os fluxos de tráfico entre as estradas autonómicas LU-862, LU-539 e LU-540

08/07/2025 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na construción do inmoble de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, no que se aplican técnicas industrializadas

O novo edificio de cinco plantas contará con 40 vivendas, de 2 a 4 dormitorios, que se adxudicarán en réxime de alugueiro accesible, reservando polo menos un 40% a menores de 36 anos

07/07/2025 | 17:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dun novo carril segregado na glorieta que une a VG4.1 coa PO-308 na Lanzada para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona

O Goberno galego prevé para finais deste mes de xullo o remate dos traballos, que non producirán afeccións na circulación

07/07/2025 | 17:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acepta a proposta de data do Concello de Vigo para celebrar o día 16 de xullo a sesión da Comisión de Infraestruturas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acepta a data proposta para este encontro, aínda que lamenta que a orde do día proposta polo Concello non respalda a vontade de chegar a acordos, senón a de manter unha política de confrontación

07/07/2025 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que a Xunta intensifica este verán as obras de mellora nos centros escolares con máis de 300 actuacións e un investimento de 106 M€

Sinala que se avanzará na execución en distintas fases de 83 grandes intervencións, que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais

07/07/2025 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir de mañá

Este corte de tráfico no enlace da AG-53 coa A-52 comezará mañá ás 10 horas e manterase ata as 13 horas deste venres 11

06/07/2025 | 09:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar a renovación do firme en 3 estradas ao paso por 8 concellos do sur da provincia de Pontevedra, cun investimento de 2 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-253 e PO-354, que discorren polos concellos de Ponteareas, Pazos de Borbén, A Guarda, O Rosal, Oia, Salvaterra do Miño, As Neves e Mondariz

05/07/2025 | 09:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao seminario

Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen, cun investimento total de 2,8M€

04/07/2025 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acometerá este verán as obras de cambio da cuberta do CEIP As Mercedes de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos se tramitarán pola vía de urxencia coa intención de que estean rematados ao inicio do próximo curso