Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.450 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/08/2025 | 08:48 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pide extremar as precaucións para previr accidentes de tractor nas tarefas agrícolas

Os sinistros provocados por carencias técnicas ou do mantemento do vehículo, condicións meteorolóxicas e do terreo adversas, entre outras, converten os accidentes de tractor nunha das principais causas de sinistralidade e mortalidade no campo

08/08/2025 | 20:32 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o papel da viticultura na dinamización do rural na Feira do Viño de Monterrei

A conselleira do Medio Rural tamén sinalou que a produción de viño é un motor de crecemento sostible, que fortalece a economía galega e que se consolida como piar fundamental para un rural “moderno e atractivo”

08/08/2025 | 11:22 | C. do Medio Rural

Medio Rural aproba os cambios para adaptar os viños Ribeiras do Morrazo á realidade produtiva e vitivinícola da zona

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta Indicación Xeográfica Protexida

07/08/2025 | 14:01 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor o apoio para a conservación das razas autóctonas en perigo de extinción na visita á finca Armariz do Inorde

A Consellería do Medio Rural firmará proximamente convenios coas entidades colaboradoras para este fin, cun importe total que supera os 2,5 millóns de euros de maneira conxunta

05/08/2025 | 15:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor as achegas de máis de 1,3 M€ para o sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou a adega Alma das Donas en Pantón, onde salientou o labor que desenvolven as persoas viticultoras na conservación da contorna paisaxística, na loita contra a erosión dos viñedos, así como na fixación de poboación no rural

05/08/2025 | 14:24 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a aposta polo uso de maquinaria agrícola en común cunha segunda orde de axudas este ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova convocatoria, cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns

03/08/2025 | 16:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria
03/08/2025 | 15:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o papel da Festa do Galo Piñeiro como referente na promoción do produto autóctono e na dinamización social e económica do rural galego

O evento ten como obxectivo poñer en valor esta especie autóctona con raíces na época celta a través dun amplo programa de actividades que inclúe gastronomía, música, exhibicións e un certame de premios para os mellores exemplares