Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.426 novas da área temática Medio ambiente:

24/06/2025 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto para ampliar o parque eólico de Monciro, nos concellos de Pol e Castroverde

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

23/06/2025 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avala desde o punto de vista ambiental o proxecto de interese autonómico para a ampliación das instalacións de Coren en Ourense

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna, pero impón certas condicións para optimizar os resultados en cuestións como a integración paisaxística

23/06/2025 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Manuel Pardo chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

O delegado territorial da Xunta en Ourense presentou a campaña Por un San Xoán de 10!, na que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa de San Xoán

23/06/2025 | 14:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo informa do decálogo de boas prácticas para gozar dunha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

A delegada da Xunta en A Coruña visitou a praia da Ribeira, en Miño, para recomendar unha compra responsable, respectando os espazos naturais e recollendo os refugallos creados para depositalos nos contedores correspondentes

23/06/2025 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou da campaña Por un San Xoán de 10! que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa desta noite

23/06/2025 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoiará con case 60.000€ ao concello de Bergondo para levar a cabo o acondicionamento dun bosque autóctono de uso público no seu polígono industrial

A delegada da Xunta destacou que este proxecto recibe unha subvención dentro da nova orde Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o impulso de proxectos de fomento das infraestruturas verdes en espazos urbanos e periurbanos como ferramenta de acción a nivel local fronte aos efectos do cambio climático.

22/06/2025 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman máis de 10 quilómetros no Concello de Valga

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 16 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

21/06/2025 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala seis paneis informativos para sensibilizar á cidadanía sobre a área de risco de inundación do rego de Laxe-Carnota

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos que entrañan estas zonas e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio deste tipo

20/06/2025 | 18:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao concello de Santiso unha axuda de preto de 40.000 euros para instalar un xardín vertical en parte das fachadas do centro médico de Visantoña

As obras, que comezarán proximamente e cun prazo de execución de dous meses, inclúen a impermeabilización da fachada, o axardinamento vertical, a automatización do mecanismo de regado e a instalación dun sistema de recollida de augas