Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.662 novas da área temática Mar:

15/01/2025 | 19:31 | C. do Mar

Villares destaca o protagonismo dos GALP no desenvolvemento do Plan da cultura marítima de Galicia horizonte 2030

O conselleiro do Mar presentou a estratexia autonómica na antiga fábrica de salgadura da praia de Mourisca, en Bueu, onde destacou que se trata dunha ferramenta pioneira e dinamizadora das zonas costeiras  

15/01/2025 | 14:17 | C. do Mar

A Xunta asina un convenio de colaboración con Anfaco por valor de 400.000 euros para reforzar a competitividade e promoción da conserva galega

O conselleiro do Mar enxalzou a traxectoria de Anfaco no impulso da cadea mar-industria galega na súa condición de entidade máis antiga no seu ámbito de toda España con máis de 120 anos

15/01/2025 | 13:59 | C. do Mar

A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas ao CEIP Lamas de Abade de Santiago coa campaña de ‘GALICIA SABE AMAR’

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  remarcou o compromiso do Goberno galego coa posta en valor da calidade dos produtos da costa galega a través desta iniciativa

14/01/2025 | 15:59 | C. do Mar

Villares pon en valor os apoios da Xunta ao sector piscicultor galego na produción de produtos de calidade e o seu potencial de crecemento

O conselleiro do Mar visitou as instalacións de Piscilor, un dos maiores produtores de troita de Galicia, no concello lucense de Quiroga, que alcanzou a cifra de 218 toneladas no 2024

14/01/2025 | 12:28 | C. do Mar

A Xunta renova a súa alianza con Craega cun novo convenio de colaboración para potenciar o consumo e difusión dos produtos ecolóxicos de Galicia

O conselleiro do Mar destacou a acuicultura ecolóxica como unha ferramenta imprescindible no camiño de abrir novos mercados a nivel nacional e europeo

13/01/2025 | 19:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta que o censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar o catálogo de bens culturais costeiros e a rede de establecementos turísticos previstos na Lei do litoral

Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para abordar a creación destes dous novos instrumentos

13/01/2025 | 16:43 | C. do Mar

Villares destaca a excelencia do peixe e marisco das rías galegas que son recoñecidos nos mercados máis exixentes pola súa calidade e sabor

O titular de Mar puxo en valor a despensa atlántica como a mellor fonte de benestar grazas a uns produtos nutritivos con propiedades excepcionais cuxo consumo é esencial para previr múltiples doenzas

11/01/2025 | 16:08 | C. do Mar

Alfonso Villares visita as melloras na Nave de Redeiras de Cariño cun investimento de case 40 mil euros ao abeiro do Plan de equipamentos portuarios de Galicia

O titular de Mar destacou a mellora das condicións de traballo e de seguridade das persoas traballadoras no sector pesqueiro como unha liña prioritario nos investimentos nas infraestruturas portuaria

10/01/2025 | 18:38 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o impacto positivo dos GALP na valorización do patrimonio natural, paisaxístico e cultural do litoral galego

O conselleiro do Mar visitou os paneis informativos instalados nos miradoiros do concello coruñés de Laxe financiados a través do Galp Costa da Morte

10/01/2025 | 14:52 | C. do Mar

Alfonso Villares asina un convenio de colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores por valor de 125 mil euros

O titular de Mar pon en valor o papel da entidade como máxima representante do sector en Galicia e traslada o compromiso do Goberno galego en seguir avanzando na cogobernanza no deseño e execución das políticas pesqueiras na comunidade