Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.932 novas da área temática Emprego:

29/10/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Ourense o talento retornado a través do emprendemento ligado ao territorio

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudIo de deseño e creación con pezas Lego impulsado polo enxeñeiro Pablo González, galego retornado desde Dinamarca que contou coa axuda do Goberno autonómico

29/10/2025 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta elevará en 2026 ata os 20 M€ o orzamento do programa Aprol Rural a prol da prevención dos incendios e incluirá a figura da persoa coordinadora

José González sinalou que o Concello de Castrelo de Miño foi un dos que se acolleu á posibilidade incorporada este ano da contratación anticipada, ao igual que outro medio cento de entidades locais da provincia para un total de 181 contratos

28/10/2025 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as posibilidades do programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as necesidades de man de obra das empresas de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, coñeceu esta mañá de primeira man a experiencia dun galego retornado contratado na empresa Fento Jardín SL da man desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

27/10/2025 | 19:09 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas en Galicia na conmemoración dos 600 anos da chegada deste pobo á Península Ibérica

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participaron na celebración desta efeméride xunto coa Fundación Secretariado Xitano

27/10/2025 | 17:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a batería de medidas dirixidas a formar e reter o talento da mocidade cun investimento total no 2026 de preto de 30 M€

José González explicou que tamén se fortalecerá a formación de talento xunto co tecido local co pulo a ferramentas como os obradoiros e programas integrados de emprego e o Aprol Rural, dotadas cun investimento global no 2026 de máis de 74 M€

27/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2026 arredor de 1.500 prazas de profesorado, o que afianzará a mellora progresiva de ratios co reforzo de docentes pese a caída de alumnos

Román Rodríguez detalla que estas contas, que medran ata os 3.090 M€, un récord que representa o “compromiso político” coa educación e a I+D+i “como piares para asegurar o benestar das persoas e o progreso social e económico de Galicia”

27/10/2025 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta a formación desenvolvida no CIFP Santa María de Europa como garante da atención ás necesidades de talento do tecido produtivo

O delegado destacou a aposta da Xunta por formar e reter talento atendendo ao que demandan as empresas galegas, combinando —no exterior— a atracción de talento planificada e —no interior— unha formación para o emprego flexible