Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo supervisa as obras de mellora na AC-523 ao seu paso por Vilar da Fraga en Laracha que supuxo un investimento da Xunta de case 50.000€
A delegada da Xunta destacou que esta obra dá resposta a unha petición do alcalde, xa que mellora a accesibilidade viaria ao Club de Tiro e aos núcleos de Cerqueiras, Mantiñán e Vilar da Fraga
A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para marzo e maio dos actos expropiatorios para a construción do treito que culmina a autovía AG-59, entre Pontevea e O Rollo
As obras suporán un investimento de 32,3M€ e desenvolverá o segundo treito da prolongación da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, desde o enlace coa AC-241, actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea, ata o enlace coa PO-841
A Xunta achega 110.400 euros para mellorar vías municipais nas parroquias vilalbesas de Alba, Belesar, Rioaveso e Román
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería do Medio Rural destina preto dun millón de euros aos concellos da Terra Chá e Meira no marco do plan de acondicionamento de camiños para o período 2024-2025
A Xunta adxudica por máis de 1,7 M€ as obras de acondicionamento do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso por 4 concellos da comarca de Ferrol
As intervencións levaranse a cabo en varios treitos das vías AC-110, AC-112 e AC-564, que discorren polos concellos das Pontes, As Somozas, Narón e San Sadurniño
Román Rodríguez destaca un investimento de máis de 3 M€ nos centros educativos de Redondela ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
O conselleiro de Educación supervisa o resultado do cambio de fiestras e portas realizado no Colexio CEIP Plurilingüe de Reboreda
A Xunta adxudica por preto de 2,7 M€ as obras de acondicionamento do firme en 6 vías autonómicas ao seu paso por 7 concellos da provincia de Ourense
Actuarase en varios treitos das estradas OU-533, OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-933, que discorren polos concellos do Bolo, Petín, Larouco, A Rúa, O Barco, Rubiá, Pobra de Trives, ademais de polo municipio lucense de Quiroga
A execución da senda Milladoiro–Intermodal fará necesario un corte ao tráfico a partir do luns no ramal que conecta a AG-56 coa SC-20 en sentido Santiago
Esta actuación provocará cortes de tráfico entre 20 días e un mes, de forma intermitente
A Xunta somete a información pública o proxecto para construír unha senda peonil na PO-400 nas Neves, cun investimento de máis de 573.000 €
O DOG publica hoxe este anuncio, establecendo 30 días hábiles contados a partir de mañá para presentar alegacións
A Xunta colabora co Concello de Ribadeo no acondicionamento da contorna da igrexa de Santalla
Esta intervención, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, contará cun investimento total de case 80.000€, dos que o Goberno galego achegará o 70% e o Concello o 30% restante