Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avoga por concienciar aos máis novos sobre os valores deportivos e ambientais da pesca deportiva co obxectivo de promover a remuda xeracional no sector
Ángeles Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polas entidades colaboradoras de pesca coa organización de actividades formativas e divulgativas sobre a pesca sostible ou sen morte
A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Figueiras, no concello de Santiago de Compostela
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta aposta por celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
Ángeles Vázquez avoga por desfrutar desta festa sen deixar pegada nas nosas contornas e areais recollendo os refugallos xerados e depositándoos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento
López Campos considera que os “atributos excepcionais” da Ribeira Sacra farán que sexa recoñecida como Patrimonio da Humanidade
Apela as “boas sensacións” durante todo o proceso, que levan a Xunta ”a confiar” en que obterá este recoñecemento internacional en xuño de 2026
A Xunta lembra a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán
Ángeles Vázquez destaca o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer unha detallada información sobre a radiación ultravioleta
A Xunta destaca o compromiso da construción en Galicia coa sostibilidade, a redución e reutilización de residuos e a eficiencia enerxética
Ángeles Vázquez salienta que o sector está na boa senda e que debe consolidar no futuro os seus avances apostando pola innovación e o uso das últimas tecnoloxías
A Xunta expón a contribución de Galicia á mellora da xestión dos recursos hídricos e á mitigación dos efectos da seca en Mozambique como exemplo de colaboración
Roi Fernández explica que o programa AquaMoz é un modelo de referencia, tanto desde o punto de vista administrativo como económico, que pode servir como exemplo para seleccionar novos proxectos e territorios
Ángeles Vázquez defende a formación continua do persoal que traballa a pé de campo na protección do medio ambiente co fin de optimizar os seus resultados
O Executivo galego salienta a transcendencia de contar con datos rigorosos froito da realización de accións ben planificadas, coa colaboración dos distintos axentes implicados, así como unha correcta toma de mostras cando é preciso
A Xunta pon en marcha un programa de mentoring para crear simbioses no tecido produtivo en materia de sostibilidade e avanzar cara a economía circular
Ángeles Vázquez anuncia que a partir de mañá estará activa unha páxina web na que as empresas se poderán inscribir indicando o seu interese en participar como mentoras ou mentorizadas
A Xunta salienta os bos resultados da sexta edición do concurso Pilabot coa recollida de preto de 48 toneladas de pilas por parte da comunidade educativa
Ángeles Vázquez destaca que é a terceira cifra máis alta desde a posta en marcha desta iniciativa e que desde o inicio deste certame xa se recolleron preto de 292 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas