Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa coas feiras do Brasil o interese no Retorna Cualifica Emprego no que xa se ofertan máis de 750 vacantes á comunidade galega do exterior
José González destaca que a estas citas celebradas o pasado mes de xuño en São Paulo e Salvador de Bahía asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 3,1M€ na cidade de Santiago de Compostela para formar a máis de 1.000 persoas sen emprego nos ámbitos máis demandados polas empresas
A delegada da Xunta visitou hoxe no Dobao Imagen S.L ao alumnado do Salón de Peiteado unha das tres Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD) que contaron cunha achega do Goberno galego de máis de 157.000 euros
A Xunta oficializa coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia o proxecto para mellorar a seguridade dos peregrinos no Camiño Fisterra-Muxía
No marco do Plan de Seguridade Viaria dos Camiños de Santiago, realizaranse traballos de segregación en once tramos deste itinerario coincidentes con estradas e renovarase unha senda xa existente
A Xunta impulsa a renovación integral das instalacións de Acea de Ama para convertelo nun complexo deportivo de referencia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comproba o resultado da primeira fase do proxecto de modernización
A Xunta destaca que Galicia reúne as condicións e o talento para liderar a revolución do hidróxeno verde no sur de Europa
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na V Xornada sobre o Hidróxeno Verde en Galicia organizada por Cluergal en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
A Xunta e a USC abren a segunda residencia ArtLab IGFAE para proxectos que conecten arte e física
A iniciativa tende pontes entre a investigación punteira do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e a creación contemporánea galega
A Xunta adxudica provisionalmente 48 vivendas públicas que constrúe no Bertón, en Ferrol, das que o 40% se destinan a menores de 36 anos
As vivendas obxecto do sorteo forman parte dos dous edificios en construción neste barrio, cuxas obras están avanzadas e se prevé o remate para o 1º trimestre do vindeiro ano
Román Rodríguez deséxalles sorte aos dous alumnos galegos que representarán a Galicia no campionato mundial de FP que reúne 1.400 estudantes en Shanghai
Héctor Sánchez, do CIFP Politécnico de Santiago e Manuel Prada, do CIFP Someso da Coruña, lograron o pase á proba internacional tras alzarse coas medallas de ouro no Galiciaskills 2025 e no Spainskills 2026
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dun campamento de turismo en Mazaricos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Máis de 800 persoas aspirantes a Policía Local realizarán os primeiros exercicios o próximo 28 de setembro en Silleda
O tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo quedou constituído onte, tras a publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia