Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

28/04/2025 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o seu compromiso coa seguridade e a saúde laboral ante os retos emerxentes da transformación dixital e tecnolóxica

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández. inaugurou a xornada ‘Persoal técnico en PRL: invisibles no éxito’, organizada polo Issga no marco das actividades con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

28/04/2025 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insiste ao concello de Vigo na “man tendida” para formalizar o preacordo acadado con Zona Franca e seguir potenciando o Ifevi

José González abordou con Eloy García a situación actual do recinto feiral e a folla de ruta trazada polo Goberno galego para dinamizar este recinto feiral da man de actores como Conxemar

27/04/2025 | 09:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a formación e as condicións para atopar emprego de preto de 150 adolescentes con medidas xudiciais de internamento

Durante o ano pasado, este programa de formación ocupacional desenvolveu 851 actuacións nos catro centros de reeducación da rede pública autonómica

26/04/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza co concello coruñés de Cee nos trámites para a reforma e ampliación da oficina de emprego deste municipio

Para iso, o concello cederá ao Goberno galego o local que acolle esta oficina de emprego, que na actualidade o Executivo autonómico ten alugado ao municipal, e un local na primeira planta do edificio contiguo a esta oficina

25/04/2025 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 410.000 € en dous obradoiros duais de emprego teórico-prácticos que beneficiarán 20 alumnos do Rosal e Tomiño

A provincia de Pontevedra conta con 20 obradoiros duais de emprego que forman a preto de 400 persoas desempregadas e que contan cun orzamento de máis de 8 millóns de euros

25/04/2025 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova edición do programa ´Alento´ co que ofrece de balde a proxectos emprendedores servizos en materia de márketing e comunicación

Esta iniciativa está impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación e conta cun orzamento de 120.000 euros co que se pretende chegar a arredor de 30 proxectos a través de 38 empresas expertas

24/04/2025 | 18:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa na XIV Reunión do Foro Económico de Galicia reforzando o diálogo co tecido académico e empresarial para afrontar os retos actuais

A cita congrega entre hoxe e mañá a diferentes representantes destacados do eido da universidade, da empresa e da administración pública para analizar os desafíos clave da realidade económica e social galega