Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas da área temática Turismo:

22/06/2025 | 14:32 | Axencia de Turismo de Galicia

O Camiño da Costa bate récords con preto de 36.000 peregrinos e consolídase como a ruta xacobea que máis medra, cun 20% máis no primeiro semestre do ano

A Xunta organizou este domingo a II Etapa Popular Camiño da Costa, esta vez no tramo de 15 quilómetros que une o mosteiro de Santa María de Oia e a Oficina de Turismo de Baiona

22/06/2025 | 11:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promociona os recursos turísticos de Galicia con sete viaxes de familiarización a máis de 30 xornalistas e axentes de viaxes europeos e asiáticos

As distintas accións impulsadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de Acción de Promoción deste ano nos países de orixe teñen lugar este mes de xuño

21/06/2025 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reivindica o papel de Galicia como referente cultural internacional na inauguración da 32ª Bienal de Pontevedra

Durante os próximos meses, 60 artistas galegos e internacionais presentarán os seus traballos na cita, con temáticas que abordan desde os conflitos bélicos ata o cambio climático

21/06/2025 | 10:03 | Axencia de Turismo de Galicia

Aberto o prazo para inscribirse nas Leccións xacobeas internacionais da USC que este ano se centran nos sabios do Camiño e a peregrinación

Organizadas pola Cátedra do Camiño de Santiago da USC, desenvolveranse do 14 ao 17 de xullo en Santiago de Compostela

20/06/2025 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia remodela e humaniza a contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras en Mos para incrementar os recursos turísticos do concello

O director de Turismo de Galicia e a alcaldesa de Mos asinaron o convenio que inclúe a substitución do alumeado público, traballos de axardinamento e dotación de mobiliario

20/06/2025 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Figueiras, no concello de Santiago de Compostela

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

20/06/2025 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina preto de 8 millóns de euros a modernizar e innovar o parque termal de Galicia a través de dúas novas liñas de axudas

As convocatorias, que se enmarcan no Plan de Turismo Termal 2025-2028, están cofinanciadas con fondos NextGeneration da Unión Europea

19/06/2025 | 14:47 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia optimiza a atención e o servizo ao peregrino do Camiño de inverno con melloras no albergue da Rúa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou o convenio que permitirá renovar o sistema de calefacción e o mobiliario, entre outras accións

18/06/2025 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia abre o prazo para solicitar 37 bolsas para estudos de xestión hostaleira e chef no Centro Superior de Hostalería de Galicia

As axudas financiarán ata o 80 % dos custos de matrícula e o 100 % dos de aloxamento na residencia do CSHG