Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.990 novas da área temática Cultura:

04/09/2025 | 13:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A película ‘Me has robado el corazón’, rodada en Galicia co apoio da Xunta, anuncia a súa estrea exclusiva en salas para 2026

Esta produción da compañía galega Ficción Producciones para Sony Pictures International Productions é unha das seis subvencionadas na convocatoria de 2024 do fondo autonómico para a atracción de rodaxes á nosa Comunidade

04/09/2025 | 11:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aposta por un ocio familiar de calidade con máis de medio centenar de artistas nacionais e internacionais en Cidade Imaxinaria

O festival ofrece cinco horas ininterrompidas de diversión con 14 compañías, moitas delas premiadas en recoñecidos festivais de todo o mundo

03/09/2025 | 21:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición Unha noite reveleada, La Casa de la Troya 1925-2025

A mostra conmemora o centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela de Alejandro Pérez Lugín

03/09/2025 | 13:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa a oferta de turismo urbano de Ferrol co apoio ao Festival internacional de arte ‘Meninas de Canido’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Museo de Historia Natural na presentación do evento que terá lugar do 5 ao 7 de setembro

03/09/2025 | 13:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Baiona a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, inauguran esta exposición que poderá verse no Paseo de Pinzón ata o 29 de setembro

03/09/2025 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos presenta a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego como punto de encontro do sector, concellos e cidadanía

A compañía institucional produce ou coproduce 14 novos espectáculos, co foco posto na dramaturxia galega e mesturando linguaxes escénicas e xeracións 

02/09/2025 | 13:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor a Orquestra Sinfónica como “referente da música de alto nivel en Galicia e España”

A formación ofrece 33 concertos no seu programa de abono no Palacio da Ópera da Coruña, ademais de actuacións noutros puntos da Comunidade e fóra dela

02/09/2025 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’

Ambas actuacións formarán parte dunha iniciativa máis ampla de actividades arredor de Galicia na capital arxentina, que incluirá cultura, gastronomía, catas e outras propostas que se irán detallando proximamente

02/09/2025 | 12:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O FICBUEU programa curtas dunha trintena de países e unha ampla escolma galega co apoio da Xunta

É un dos 10 certames cofinanciados en 2025 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria de axudas a festivais audiovisuais, dotada con 300.000 euros

01/09/2025 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta despide a mostra de Úbeda no museo Gaiás cun concerto de cámara dirixido por Rogelio Groba Otero

A actuación, prevista para o sábado 6 de setembro, ás 12,00 horas, inspírase no protagonismo da música no universo do pintor pontevedrés