Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Formación:

19/08/2024 | 14:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a importancia da formación e a remuda xeracional na inauguración da V Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, animou á mocidade a seguir vencellada ao agro galego e apostar polo rural como “estilo de vida”

19/08/2024 | 10:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza coa Confederación Empresarial de Ourense no reforzo do tecido produtivo da provincia garantindo a remuda e a captación de talento

En compañía do director xeral de Comercio e Consumo, José González tratou cos empresarios ourensáns cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, o Bono Remuda ou as microformacións adaptadas ás necesidades das empresas

16/08/2024 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 77 alumnos de 11 centros ven premiadas as súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

Enmarcado no Plan Eduemprende da Xunta, o programa inclúe visitas a asociacións de empresarios e centros de FP

14/08/2024 | 13:00 | C. do Medio Rural

Medio Rural organiza accións sobre o desempeño de diferentes actividades dentro do sector agrario

Estes cursos enmárcanse dentro do plan de formación continua habilitante para o agro galego, que conta cun orzamento de 216.000 euros cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023-2027

14/08/2024 | 10:22 | C. do Mar

O Centro de Formación A Aixola oferta 84 prazas en sete novos cursos para o sector pesqueiro en setembro

A inscrición para as accións formativas nas áreas de instalacións, composites, redes, madeira, prevención de riscos laborais e emprego está xa aberta

12/08/2024 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa Investigo co que se promove este ano a contratación de 152 menores de 30 anos desempregados en actividades de I+D+i

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou esta mañá en Vilagarcía a empresa Sedix Ingeniería Técnica en Informática, beneficiaria dunha axuda superior aos 165.000 euros para contratar un total de cinco persoas

12/08/2024 | 11:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo os 240 proxectos atendidos no marco do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, mantivo hoxe un encontro cos técnicos e beneficiarios deste Polo

12/08/2024 | 11:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 300 docentes intensificarán a súa formación no estranxeiro grazas a un programa da Xunta

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina máis de 1M€ a esta iniciativa, no marco do programa PIALE

12/08/2024 | 09:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará este ano a visibilidade e crecemento da economía social co primeiro portal estatístico de Galicia centrado neste sector

Grazas ao convenio asinado entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emmigración e a Universidade de Santiago, esta ferramenta web proporcionará información continua e actualizada sobre os produtores de mercado da economía social galega

10/08/2024 | 10:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural levará a cabo talleres prácticos de poda, control de enfermidades, pragas e cálculo de necesidades hídricas das árbores na provincia de Ourense

As formacións realizaranse o vindeiro 14 de agosto, en Beade; o 22, en Quintela de Leirado; o 23, en Barbadás; e o 27, na Rúa; todas elas nos Centros de Desenvolvemento Agroforestal cos que conta o Inorde en cada un destes concellos