Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.669 novas da área temática Infraestruturas:

08/02/2025 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Lalín na construción do edificio polivalente de Carragoso, cunha achega de 260.000€

Allegue puxo en valor a cooperación da Xunta co Concello para acadar este novo equipamento polivalente e sostible, que se espera que poida estar a disposición da veciñanza o vindeiro ano

07/02/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na prolongación da AG-59 co izado das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo

Os traballos para instalar as doce vigas que soportarán o novo viaduto comezaron esta semana e hoxe estase a instalar a quinta viga, coa previsión de ter todas colocadas a finais da vindeira semana

06/02/2025 | 17:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo reúnese co alcalde de Oroso para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións

A delegada da Xunta animou ao rexedor a solicitar algunhas das liñas de axudas abertas dirixidas aos Concellos como o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de Infraestruturas ou as axudas do Plan Camiña Rural

06/02/2025 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/02/2025 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos poidan solicitar as axudas do fondo de compensación ambiental

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis de 11 millóns de euros para apoiar accións a prol da conservación, reposición, restauración do medio e do equilibrio territorial

06/02/2025 | 14:01 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade anuncia a licitación hoxe das obras de reforma integral do centro de saúde da Milagrosa, en Lugo, que comezarán este verán cun investimento de 3,2 M€

Salienta que o centro de saúde será renovado por completo reorganizando e ampliando os seus espazos para ofrecer unha atención sanitaria máis cómoda e eficiente

05/02/2025 | 19:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/02/2025 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme da vía autonómica LU-530 entre Lugo e Castroverde cun investimento de 2 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se rehabilitará o pavimento, renovarase a sinalización horizontal e instalaranse capatafaros para incrementar a seguridade

05/02/2025 | 17:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conta coas autoestradas autonómicas coas peaxes máis baixas de España grazas ás conxelacións de tarifas e bonificacións e aplicadas desde 2010

Francisco Menéndez explicou que na AG-55 (A Coruña-Carballo) e na AG-57 (Val Miñor), a Xunta ademais foi pioneira en habilitar descontos no traxecto de volta nas seguintes 24 horas á ida, e non só no día natural

05/02/2025 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza para completar este verán a humanización da Avenida de Galicia no barrio de Teis, en Vigo

A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que  suporán un investimento de 6,6 millóns de euros