Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.459 novas da área temática Sanidade:

06/11/2025 | 13:54 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde reivindica o seu compromiso co mantemento e mellora continua das infraestruturas sanitarias

Os técnicos do departamento sanitario da Xunta realizan avaliacións periódicas dos centros de saúde para comprobar se precisan dalgún tipo de mellora de tipo funcional ou estrutural

06/11/2025 | 13:08 | C. de Sanidade

A Xunta publica o decreto que impulsa as unidades de farmacia e os depósitos de medicamentos en atención primaria

Actualízase a anterior normativa co fin de regular as unidades de farmacia e os depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria

06/11/2025 | 13:03 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue incide na importancia de doar despois da ponte festiva de novembro

A ADOS realiza esta semana máis de medio cento de campañas destinadas a incentivar a doazón entre á cidadanía, lembrando que, diariamente resulta preciso obter máis de 400 doazóns de sangue para manter estables as reservas dos distintos grupos sanguíneos

05/11/2025 | 16:15 | C. de Sanidade

A Xunta avanza que o Servizo de Radioloxía do Hospital do Barco de Valdeorras se reforzará con máis profesionais e a adquisición dun novo mamógrafo

O conselleiro de Sanidade sinala que este centro da rede do Sergas conta cun novo radiólogo que leva traballando desde o pasado mes de outubro e coa expectativa de dotar ao hospital cun terceiro profesional en vindeiros chamamentos

05/11/2025 | 16:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que a posta en marcha o 1 de novembro da nova Unidade de ictus de Ourense garante a atención na provincia as 24 horas do días e os 365 días do ano

Remarca que a nova unidade, que xa atendeu 5 pacientes, está coordinada por neurólogos expertos que colaboran con outras especialidades médicas relacionadas

05/11/2025 | 16:05 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que a unidade de raios móbil da área de Santiago xa realizou máis de 300 probas á veciñanza de Frades

O conselleiro de Sanidade refire que as radiografías están encargadas tanto desde atención primaria como hospitalaria e asistidas por intelixencia artificial, para apoio á interpretación de probas de fracturas e tórax

05/11/2025 | 15:56 | C. de Sanidade

A Xunta reafirma o compromiso coa mellora da atención sanitaria do Barbanza coa dotación dunha nova ambulancia medicalizada no primeiro trimestre de 2026

O conselleiro de Sanidade explica que no centro de saúde da Pobra do Caramiñal actualmente están cubertas cinco prazas de médico de familia de forma efectiva e a cota da sexta praza é asumida polo resto de facultativos, ante o déficit de profesionais

05/11/2025 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia axudas para impulsar a rehabilitación de vivenda no rural e o incremento dos apoios a promotores para construír aloxamentos protexidos

Daranse apoios de ata o 75 % das obras de mellora en concellos de menos de 5.000 habitantes co obxectivo de asentar poboación no rural

04/11/2025 | 16:47 | C. de Sanidade

O seguimento da folga na quenda de tarde de técnicos superiores sanitarios acada o 69,17 % na sanidade pública galega

Na quenda de tarde, o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 69,42 %

04/11/2025 | 15:12 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que a área sanitaria de Ferrol contará o vindeiro ano cun novo espazo único de rehabilitación máis amplo, moderno e funcional situado no Hospital Novoa Santos

Os Orzamentos da Xunta para 2026 recollen 400.000 euros para concentrar nun único centro hospitalario o servizo de Medicina Física e Rehabilitación, que atendeu 15.000 pacientes o último ano