Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.426 novas da área temática Medio ambiente:

06/06/2025 | 11:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza con 333.000€ o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de abastecemento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro

05/06/2025 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a profesionalidade, rigor e servizo punteiro que ofrece o equipo de Meteogalicia como aval para asumir máis funcións no futuro

A conselleira lembra que a Xunta está a reclamar ao Goberno central o traspaso das competencias no eido meteorolóxico e que aspira a referendar a confianza que ofrece este servizo ampliando o seu labor ao abeiro da Lei do Clima

05/06/2025 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa unha intervención artística no Gaiás que recupera refugallos plásticos industriais para darlles unha segunda pel ás Torres Hejduk

‘Plastic biontes’ é unha creación do colectivo Basurama que nos convida a repensar que o lixo non sexa só un residuo, senón tamén unha ferramenta creativa e crítica

05/06/2025 | 12:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e o CEIP Virxe de Guadalupe de Avión gañan a sexta edición do concurso escolar de reciclaxe Pilabot

O alumnado dos 150 centros participantes este curso na iniciativa promovida pola Xunta recolleron un total de 47.779,70 kg de pilas, acumuladores e baterías usadas

05/06/2025 | 11:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a unha liña de media tensión no concello de Carral e outra nas pontes supeditadas ás exixencias dos informes sectoriais e das propias avaliacións de impacto

As dúas resolucións, que sairán publicadas proximamente no Diario Oficial de Galicia, inclúen condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as iniciativas poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna

05/06/2025 | 11:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dunha sala de despezamento de gando vacún en Arteixo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

04/06/2025 | 16:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda salienta o liderado de Galicia en distintivos de calidade ambiental con 137 bandeiras azuis

Subliña que este verán será especialmente significativo, xa que o 1 de xullo culminará o proceso de traspaso da xestión do litoral á Xunta de a Galicia

04/06/2025 | 12:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta encarga un estudo sobre o posible emprego en estradas de áridos procedentes da planta de Sogama

O contrato foi adxudicado por case 120.000 euros e terá unha duración de dous anos

04/06/2025 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia organizará este ano un gran foro con todas as comunidades costeiras de España para compartir sinerxías e experiencias sobre a xestión do litoral

Este encontro engadirase ao cumio previsto en setembro cos 86 concellos galegos asentados na costa anunciado polo presidente da Xunta co fin de aproveitar os coñecementos e as capacidades das distintas administracións e entidades neste eido

03/06/2025 | 16:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía o visor a paisaxe de Galicia desde a bicicleta ata chegar a máis 80 rutas e preto de 4.000 km

Ángeles Vázquez explica que coa incorporación dos novos itinerarios configúrase unha malla máis densa e equilibrada do territorio, xa que inclúe as 12 Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia con percorridos que pasan polo territorio de 161 concellos