Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas da área temática Turismo:

03/06/2025 | 14:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amosa a súa total colaboración ao concello de Ourense para regularizar as Termas do Muíño

Os representantes do Goberno galego manifestaron que para a Xunta o termalismo é un elemento esencial no desenvolvemento de Ourense, e que debería ser unha aposta de todas as forzas políticas para ser motor e o espello da cidade e da provincia

02/06/2025 | 17:25 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a relación produto-gastronomía entre chefs de toda España que suman máis de 70 Estrelas Michelin

Os participantes no evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago realizaron unha sementeira de marisco galego na Ría de Muros Noia promovida por Turismo de Galicia

02/06/2025 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo enxalza a ‘LIV Edición da Festa do Peixe de Bande’

O delegado territorial subliñou que se trata de 54 anos espallando a riqueza gastronómica da contorna e dando a coñecer o potencial turístico da zona

02/06/2025 | 13:06 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia aposta pola difusión internacional dos recursos turísticos da Costa da Morte

Xosé Merelles participou na presentación dunha nova web, un libro dixital e unha guía de artesanía que recollen os atractivos deste xeodestino co apoio da Xunta

02/06/2025 | 12:19 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta financia con máis de 420.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética en cinco empresas turísticas de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o hotel-restaurante Porta das Fragas ao que se lle concedeu unha achega autonómica de 300.000 euros na última convocatoria

01/06/2025 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo

Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que fixo o Camiño co apoio dun vehículo adaptado financiado por Turismo de Galicia

01/06/2025 | 12:16 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza na súa labor de promoción xacobea internacional coa Semana do Camiño na cidade brasileira de Porto Alegre

O director de Turismo de Galicia viaxará a Brasil para participar nas actividades programadas e manter varios encontros con autoridades locais para intensificar a colaboración en materia turística