Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.795 novas da área temática Economía:

24/09/2024 | 21:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o Grupo Coren como unha das maiores cooperativas agroalimentarias de Europa e un exemplo de innovación e liderado no sector

Resalta a importancia de apoiar con asesoramento, axudas e simplificación administrativa os proxectos industriais viables

24/09/2024 | 17:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a necesidade de promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu á inauguración das novas instalacións fotovoltaicas do Centro Comercial Ponte Vella, beneficiario das axudas do Goberno galego para a instalación de equipamentos de enerxías renovables

24/09/2024 | 13:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta contribúe con 70.000 euros ao acondicionamento de beirarrúas e aparcamento no polígono da Gándara, en Narón

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a zona onde se van desenvolver os traballos con cargo a unha achega para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia

20/09/2024 | 17:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego

A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización

20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

19/09/2024 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido empresarial

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras

19/09/2024 | 12:51 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta en materia de seguridade industrial a través do plan de inspección 2024

A delegada territorial de Ferrol participou hoxe no salón de actos do Vicerrectorado do campus industrial de Ferrol na apertura da III Xornada sobre seguridade industrial, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en colaboración coa Consellería de Economía e Industria

19/09/2024 | 11:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do III Ecommerce Day pola tranformación dixital das empresas galegas

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe nesta xornada de referencia do comercio e o márketing dixital do Noroeste de España

18/09/2024 | 18:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta reclama unha distribución xusta dos fondos europeos e celebra que o Goberno central se sume á aposta pola desburocratización

Lorenzana puxo en valor o papel que está a xogar a Oficina Económica de Galicia como punto único de entrada para axilizar trámites e ofrecer asesoramento personalizado ás empresas galegas