Actualidad
Buscador de noticias
Galicia e Portugal avanzan no deseño de estratexias locais de desenvolvemento de infraestruturas verdes no marco do proxecto ‘Green Gap’
O director do Instituto de Estudos do Territorio comparte nun encontro en Guimaraes a experiencia galega no proceso de elaboración da estratexia da infraestrutura verde e pon en valor que Galicia foi a primeira autonomía española en aprobar este instrumento
A Xunta completa as obras da nova EDAR de Sergude cun investimento de máis de 1,8 M€ para triplicar a capacidade de depuración na contorna
A instalación está preparada para dar servizo a unha poboación equivalente de 3.000 persoas e foi construída ao abeiro dun convenio de colaboración entre o Executivo galego e o Concello de Boqueixón
Galicia avanza no Plan de xestión de inundacións 2028-2033 coa aprobación da proposta das zonas con risco de asolagamento
Xunta, Fegamp, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e outros organismos aproban por unanimidade a actualización e revisión da avaliación preliminar da nova planificación nas áreas que xestiona Augas de Galicia
A Xunta expón en Estremadura o seu labor na defensa dos valores naturais e ambientais da comunidade con medidas como a aprobación da infraestrutura verde
Marisol Díaz pon en valor que Galicia foi a primeira autonomía española en dar luz verde a este instrumento para a creación de espazos cos que mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e a conservación da biodiversidade
Galicia rexistra en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta anos
O avance do informe mensual de MeteoGalicia indica que a temperatura media para este mes foi de 9,8 graos, polo que se considera un mes extremadamente cálido
Rueda destaca o investimento da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para o tratamento de residuos téxtiles
Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026
A Xunta e o Concello de Gondomar avalían vías de colaboración en materia de saneamento e prevención de inundacións
Analizaron o proxecto para mellorar a estación depuradora de augas residuais, que incluiría unha liña de lamas e decantación secundaria adicional
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa educación ambiental dos máis novos como ferramenta clave para avanzar cara á neutralidade climática
Salienta a importancia de que “Galicia estea cumprindo os obxectivos que nos marca a UE antes que a inmensa maioría dos territorios e que sexamos capaces de reducir a pegada de carbono ou de apoiar as enerxías renovables”, coa mirada posta nos que “veñen detrás”
A Xunta lidera unha estratexia de impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés coa que optar a 30 millóns de euros de fondos europeos
A planificación, liderada polo Executivo galego e co Instituto de Conservaçao da Natureza e Forestas de Portugal como socio, favorecerá o aspecto ambiental ao tempo que promoverá as actividades socioeconómicas na zona
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta 107 prazas para realizar visitas guiadas aos catro arquipélagos entre febreiro e abril
A través do programa ‘Descubrindo o Parque Nacional’, a Xunta ofrece seis rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro, marzo e abril