Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.679 novas da área temática Economía:

04/02/2026 | 16:30 | C. de Economía e Industria

Arranca a elaboración do Plan director da industria metalmecánica que a Xunta sitúa como a columna vertebral do tecido industrial

A directora de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou esta mañá na presentación do Observatorio da Industria de construcións, estruturas metálicas e cerramentos impulsado por Asime co apoio do Igape

04/02/2026 | 14:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra

O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa

03/02/2026 | 17:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten no Concello de Pontevedra

O delegado territorial visitou esta mañá as instalacións de Ara Negocios e puxo en valor o papel da formación para mellorar a empregabilidade

03/02/2026 | 13:38 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo destaca a achega de máis de 100.000€ da Xunta para a modernización tecnolóxica e dixital de 14 estacións de servizo ourensás no ámbito rural

O delegado territorial concretou que no caso da estación de servizo Vec Riós S.L., a Consellería de Economía e Industria, destinou 30.000 euros, para a implantación de sistemas asociados ao pagamento; a optimización da operativa de adquisición de produtos e servizos; e a adquisición de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade do establecemento

03/02/2026 | 12:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina máis de 1 M€ a impulsar accións de divulgación en economía social no marco da rede Eusumo e a apoiar ás entidades asociativas do sector

O DOG publica hoxe as achegas de preto de 700.000 euros que poden solicitar asociacións, entidades locais, cámaras de comercio, universidades ou organizacións sindicais, empresariais ou profesionais adheridas á Rede autonómica Eusumo

03/02/2026 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia inicia 2026 con 6.176 persoas desempregadas menos e 16.737 afiliacións máis á seguridade social que hai un ano

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en xaneiro, no que a comunidade rexistrou 115.144 persoas desempregadas e 1.083.826 cotizantes á Seguridade Social

31/01/2026 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio financeiro que a Xunta presta este ano ás empresas galegas cunha liña de axudas de acceso ao crédito aberta por importe de 19 M€

Estes préstamos bonificados de tres a 15 anos pódense solicitar ata o 30 de setembro por importe de entre 3.000 e 1 M€ para investimentos produtivos ou circulante