Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

12/06/2026 | 15:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de 467.000€ na V edición do obradoiro de emprego de Boiro no que se formarán 20 persoas desempregadas

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en instalación de elementos de carpintería

12/06/2026 | 09:54 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e o Banco de España impulsan unha nova edición das sesións formativas ‘Finanzas para todos’ na Rede CeMIT

As actividades terán lugar entre os meses de xuño e outubro en aulas de 5 concellos galegos

11/06/2026 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a súa aposta pola formación flexible e á demanda das empresas e o seu plan de atracción de talento de cara á cobertura das vacantes laborais

José González salienta o decreto de microcredenciais que permitirá que asociacións como Anapat deseñen e certifiquen formación adaptada ás súas necesidades, a maiores das ordes formativas en beneficio das persoas desempregadas e ocupadas

10/06/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a ampliación do instituto Lamas de Abade e eleva a case 6,5 M€ o investimento en obras en marcha nos centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o comezo dos traballos, que contan cun orzamento de máis de 1,3 M€ e habilitarán case 500 m² novos

09/06/2026 | 15:22 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a futura Cidade Deportiva Afouteza como unha infraestrutura estratéxica que posiciona a Galicia como referente internacional na formación e innovación deportiva

Sinala que o proxecto avanza a bo ritmo para dar lugar a un gran complexo deportivo no que os rapaces e rapazas da canteira do Celta medren e se formen tanto a nivel deportivo coma persoal

09/06/2026 | 12:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a súa aposta pola formación da rama agraria cun 5 % máis de prazas e un novo ciclo no CFEA Pedro Murias de Ribadeo

A conselleira María José Gómez visitou hoxe este centro de formación, que no curso 2026-2027 impartirá o ciclo en Gandaría e Asistencia en Sanidade animal en réxime dual intensivo

08/06/2026 | 16:02 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a ampliación do Plan de formación para o agro galego con 196 cursos e máis de 4.500 horas lectivas neste 2026

Destaca que a principal novidade é o reforzo dos módulos de aptitude empresarial agraria, xa que crece o número de accións e as horas de formación impartidas, co fin de diversificar a oferta con máis orientacións produtivas

05/06/2026 | 17:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca o apoio da Xunta á formación e empregabilidade da mocidade en situación de vulnerabilidade

Salienta que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude facilita este ano que 25 mozos realicen prácticas non laborais en Portugal, Irlanda, Francia e Italia 

05/06/2026 | 16:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As universidades públicas ofertarán o vindeiro curso 19.149 prazas en grao, máster e doutoramento

É a proposta elevada ao Goberno central, pendente de confirmación na Comisión General de Política Universitaria