Actualidade
Buscador de novas
Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico
Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia
Rueda destaca as empresas familiares como base da economía galega e impulsoras do crecemento da comunidade
Salienta que transmiten valores que identifican ao pobo galego como a cultura do esforzo, a responsabilidade ou a estabilidade
Rueda destaca que o novo auditorio de Marín exemplifica a aposta da Xunta por levar a cultura a todo o territorio
Pon en valor que estas novas instalacións son posibles grazas á colaboración entre administracións
Rueda destaca o liderado da cadea mar-industria galega como un sector potente e innovador que leva o selo Galicia Calidade por todo o mundo
Resalta a importancia do mar para a economía e historia galegas e o apoio da Xunta para que esta actividade económica medre de xeito sostible, moderno e competitivo
A Xunta advirte ao sector gandeiro da importancia de alegar sobre a situación do lobo para frear o intento do Goberno central de declaralo especie vulnerable de xeito totalmente arbitrario
Ángeles Vázquez advirte de que o procedemento de información pública aberto polo Executivo central en relación co informe sexenal da especie é un procedemento non previsto regulamentariamente e co que só se busca prolongar o proceso de remisión dos datos á Comisión Europea
A Xunta beneficia a máis de 50 concellos coa nova liña de achegas para mellorar servizos básicos no rural e apoiar a fixación de poboación
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe a localidade de Pol, unha das beneficiarias destas axudas, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se conceden estes apoios
A Xunta destina preto de 14.000 euros á compra de material e mellora das instalacións da Asociación de Mulleres Rurais Azucareira, en Portas
Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material
A Xunta traslada á Comisión Europea a singularidade do litoral galego co fin de defender á comunidade ante o impacto da reforma do Regulamento de Costas que promove o Goberno central
Ángeles Vázquez remitirá ás autoridades comunitarias unha serie de documentos nos que se dá conta das alegacións feitas desde Galicia ao anteproxecto normativo para que así coñezan de primeira man a realidade costeira da Comunidade e os efectos nela das modificacións propostas