Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 752 novas da área temática Transporte:

20/04/2026 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A plataforma galega de mobilidade MoBT impulsada pola Xunta está activa en 32 contratos que supoñen mais do 50% dos desprazamentos interurbanos de toda a comunidade

Permite o pago no autobús a través do teléfono móbil, eliminando a necesidade de acudir a unha oficina bancaria, de dispoñer dunha tarxeta e de recargar no caixeiro

18/04/2026 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completa a inscrición da primeira quenda dos cursos gratuítos de condución segura de motos deste ano, con 930 solicitudes

Neste momento se está a proceder ás comunicacións aos solicitantes, de forma escalada segundo a celebración dos oito cursos, que se impartirán o 9 de maio en Santiago, o 16 no Porriño, o 23 en Silleda e o 31 de maio en San Cibrao das Viñas

17/04/2026 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta culmina co sector empresarial e turístico da Coruña a rolda de contactos para explicar a súa postura respecto da captación de novas rutas aéreas

A reunión de hoxe únese ás mantidas cos responsables dos sectores empresarial e turístico en Santiago de Compostela, Vigo e a provincia de Pontevedra e as deputacións provinciais

15/04/2026 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o transporte metropolitano na área da Coruña con 210.000 servizos ao ano en máis dun cento de liñas

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, aclarou que se trata do contrato que máis servizos ofrecer de toda a comunidade e tamén o de maior demanda con 5 millóns de persoas viaxeiras rexistradas o ano pasado

15/04/2026 | 18:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta establece un réxime específico de prestación de servizos de taxi en Alvedro para mitigar os efectos do peche do aeroporto de Santiago entre o 23 de abril e o 27 de maio

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, asinou hoxe a resolución sobre o establecemento dun réxime específico de prestación de servizos de taxi no aeroporto de Alvedro en Culleredo, por mor do peche do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro neste período

15/04/2026 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta continúa a rolda de xuntanzas para presentar a postura autonómica na captación de novas rutas aéreas co sector empresarial e turístico de Vigo e a provincia de Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes trasladou que o Goberno galego, a través da promoción en orixe, destinará 100.000 euros a cada nova ruta que se estableza, cun máximo de dúas por aeroporto e ano

14/04/2026 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos concellos da área da Coruña as melloras do transporte metropolitano

A reunión enmárcase no compromiso do Goberno galego de reforzar o diálogo cos municipios no seo da ATM da Coruña

14/04/2026 | 12:47 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que as deputacións provinciais se impliquen tamén na proposta coordinada por Aena para captar novas rutas aéreas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe con representantes dos organismos provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra para abordar a postura do Goberno galego neste obxectivo

13/04/2026 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta proponlle ao concello de Cangas de Morrazo a implantación dun servizo de interese municipal para reforzar o transporte durante o verán

A directora xeral de Mobilidade reuniuse hoxe coa alcaldesa para abordar as necesidades de mobilidade do municipio como é o caso da implantación dun SIMU para dar resposta aos desprazamentos con Donón e Vilanova na época estival

12/04/2026 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia mañá os traballos de campo para a avaliación anual da calidade da rede de autobuses interurbanos

A campaña recollerá máis de 16.000 enquisas e observacións, incluíndo 13.200 cuestionarios a persoas usuarias