Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 329 novas da área temática Xacobeo:

09/07/2026 | 21:07 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o festival do Mundo Celta de Ortigueira como referente europeo da música folk

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta a súa contribución á proxección da cultura galega nos territorios de tradición celta

09/07/2026 | 13:25 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o labor do punto de atención ao peregrino de Cruz Vermella en Portomarín, que o pasado ano prestou asistencia a preto de 1.000 camiñantes

Persoal sanitario realiza neste centro valoración e tratamento de feridas superficiais, rozaduras e bochas, aplicando tamén os primeiros coidados ante a fatiga e o sobreesforzo

08/07/2026 | 17:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta leva a música, a gastronomía e a artesanía galegas a Baiona e á Guarda co ciclo Orballo Cultural da man de Concertos do Xacobeo

A Guarda acollerá a cita o 24 de xullo no Estadio do Tecla e en Baiona o ciclo desenvolverase o 21 de agosto na Praza da Palma

08/07/2026 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta consolida A Rúa como referente musical e destino turístico co apoio a O Son da Estación e o nacemento de Sons Urbanos

Xosé Merelles presentou esta mañá a primeira edición de Sons Urbanos e a terceira edición do Son da Estación, que se celebrarán o 7 e 8 de agosto na Rúa 

08/07/2026 | 12:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo salienta o compromiso da Xunta coa cultura na presentación do concerto Yandel Sinfónico, que chega á Coruña da man dos Concertos do Xacobeo

A delegada da Xunta destacou a aposta do Goberno galego polos grandes eventos musicais musicais e puxo en valor o papel de Concertos do Xacobeo para atraer á comunidade propostas culturais de primeiro nivel baixo o selo de Galicia Calidade 

07/07/2026 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

Portamérica volve fusionar música, gastronomía e comunidade co apoio dos concertos do Xacobeo

O cartel reúne artistas como Rigoberta Bandini, Dani Martín, Hombres G, Amaia, Xoel López, Eliades Ochoa ou Instituto Mexicano del Sonido, creando unha ponte cultural entre España e Latinoamérica

07/07/2026 | 12:38 | Axencia de Turismo de Galicia

O novo festival Son e Mar Vigo 2026 patrocinado pola Xunta suma ao seu cartel talento galego, grupos dos anos 90 e música disco

A delegada territorial, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, desvelan os artistas que completan o festival

06/07/2026 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a aprobación de 56 proxectos impulsados pola cidadanía e pemes este 2026 como antesala da celebración do Xacobeo 2027

Salienta que o 55 % das iniciativas corresponden ao ámbito artístico, cun total de 31 propostas; 10 proxectos están vinculados ao patrimonio, sete ao ámbito social, seis ao deportivo e dous á transformación dixital

06/07/2026 | 13:34 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza o control de fluxos da Catedral de Santiago e a desestacionalización do Camiño, que medra un 28% en tempada media e baixa

Nos primeiros seis meses deste ano, 37.000 peregrinos continuaron a súa experiencia cara Fisterra e Muxía tras recoller a Compostela, isto é, un 15% do total 

02/07/2026 | 20:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o papel do Museo do Gravado de Artes como motor cultural e embaixador internacional de Galicia

Valora a súa capacidade para democratizar o acceso á arte, demostrando que a contorna local posúe un enorme potencial non só como receptora, senón tamén como unha gran xeradora de propostas culturais de primeiro nivel