Actualidade
Buscador de novas
A Xunta continúa a promoción do destino Galicia con novas viaxes de familiarización dirixidas a mercados estratéxicos internacionais
Estes profesionais participantes proceden dalgúns dos mercados que máis visitantes achegan á comunidade como Alemaña, Irlanda, Reino Unido, Finlandia, Italia, Estados Unidos, Canadá e Brasil
Gómez Caamaño avanza o reforzo do Hospital de Verín coa posta en marcha este mes da hospitalización a domicilio e consultas de cardioloxía e pneumoloxía
O conselleiro informa que mañá mesmo se realizarán consultas de cardioloxía no Hospital de Verín, onde a vindeira semana comezará a prestarse o servizo de hospitalización a domicilio
A Xunta reclama ao Estado garantías “por escrito” para evitar a Galicia pagar unha factura millonaria pola transferencia da AP-9
Allegue esixe que o texto garanta expresamente que o Estado asumirá as consecuencias económicas dunha eventual nulidade das prórrogas, os investimentos na AP-9 e as futuras bonificacións
Gómez Caamaño explica que o traslado da ambulancia medicalizada do Salnés no verán se sustenta en criterios técnicos e de demanda e está avalado polo 53 % das mobilizacións localizadas en Sanxenxo
O balance deste verán reflicte que, en xullo e agosto, a ambulancia se mobilizou en 207 ocasións, das que 110 foron en Sanxenxo
A Xunta denuncia que o modelo de financiamento aprobado polo Goberno central en contra do 80 % da poboación afectada supón un novo agravio a Galicia
A proposta do Goberno central non só non mellora o peso do avellentamento e a dispersión, senón que o diminúe, de xeito que a comunidade galega pasa a ser a terceira autonomía con peor financiamento
Comeza o curso escolar na provincia de Lugo para case 32.500 alumnos matriculados en Educación Infantil, Primaria, ESO e BAC
Villares destaca o reforzo do profesorado e das medidas de atención á diversidade, así como os avances na modernización dos centros educativos da provincia, con 46 obras en execución durante o verán cun investimento de 3,5 M€
Galicia rexistrou o verán meteorolóxico máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos
Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica
A Xunta convocará con carácter retroactivo as axudas para rehabilitación edificatoria, cun orzamento de 13,6 M€
Debido ao retraso de 8 meses na transferencia dos fondos do Plan Estatal de Vivenda, a Xunta non puido convocar aínda as axudas desta anualidade, de xeito que publicará a convocatoria a finais de ano, por anticipado de gasto, para abrir o prazo de solicitudes en xaneiro do 2027, pero terán carácter retroactivo
A Xunta destaca o compromiso co mantemento e a actualización do servizo de asistencia xurídica gratuíta
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou no Parlamento que xa está vixente co Consello Galego de Procuradores o acordo para compensar a este colectivo pola quenda de oficio e no caso do Consello da Avogacía Galega prorrogouse o acordo mentres se continúa a negociar a renovación do acordo