Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta colaborará co Concello de Ponteceso na execución dunha senda peonil en Pazos, que suporá un investimento de case 400.000€
O obxectivo da intervención é a construción dunha senda peonil en Pazos, na marxe esquerda da estrada AC-419, entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350
A Xunta colabora co Concello San Cibrao das Viñas na humanización dunha praza en Fonteboa, na que se investirán máis de 172.000 euros
A actuación consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito
A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas
A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego
A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído da rede autonómica de estradas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio do procedemento a través do que no prazo dun mes, a partir de mañá, os interesados poden formular suxestións
Xunta e concello de Brión estreitan a súa colaboración para impulsar de xeito conxunto obras de mellora no instituto e no colexio de Pedrouzos
O conselleiro de Educación, acompañado pola delegada territorial da Coruña, subscribe co alcalde o protocolo para facer efectivos os traballos
Rueda destaca o impulso definitivo da Xunta á autovía Santiago- A Estrada coa licitación do segundo treito
Asegura que cando estea rematada, a finais de 2028, permitirá unir ambas localidades “en só 10 minutos”
A Xunta convoca en xuño e en setembro os actos expropiatorios para a mellora de 62 paraxes de autobús ao seu paso por 10 concellos nas rutas de acceso a Santiago
As actuacións suporán un investimento de máis de 1M€ e levarase a cabo nas paraxes situadas en 3 vías da rede de estradas da Xunta ao paso polos concellos de Noia, Boiro, Carnota, Dodro, Muros, Outes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
A Xunta acomete obras de mellora en varios tramos de tres estradas autonómicas no municipio de Ares por valor de 240.000 euros
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá á vía AC-123 onde ademais da reposición da sección completa entre beirarrúas, vaise a executar unha glorieta no punto quilométrico 2+080
A Xunta destina máis de 545.000€ á mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial do Carballiño
A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en xullo cun prazo de execución de catro meses