Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Formación:

03/06/2024 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social

30/05/2024 | 18:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta apunta á importancia do talento e da formación como recursos máis valiosos para garantir a competitividade do tecido empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura o primeiro curso da Escola Galega de Conselleiros, do que destaca a súa aposta por ofrecer unha formación “continua e específica” para os dirixentes das empresas familiares galegas, que supoñen o 92% do tecido empresarial da Comunidade 

30/05/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia aposta polo benestar e a igualdade laboral coa estratexia de seguridade e saúde no traballo

A xerente do Issga interveu hoxe na apertura do foro Novos retos en seguridade e saúde laboral: envellecemento poboacional, perspectiva de xénero e cambio climático, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo

29/05/2024 | 16:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros destaca a implicación de Nervión Naval Offshore no impulso da FP dual en Ferrolterra

Actualmente completan a súa formación académica un total de 44 alumnos de sete programas formativo de FP Dual da zona

29/05/2024 | 12:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica os horarios para as probas da fase de oposición na categoría de persoal médico de familia de atención primaria

Ás probas, que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, o día 23 de xuño pola mañá, están convocados 606 aspirantes

29/05/2024 | 11:44 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia colaboran no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o CPETIG desenvolverán seminarios e obradoiros sobre programación e profesións dixitais para nenos e nenas de 7 a 15 anos

26/05/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba

As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial

23/05/2024 | 18:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional

A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen

23/05/2024 | 17:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A I Feira de Educación, Formación e Emprego organizada polo Pazo de Feiras e a Xunta abriu hoxe con case 40 expositores

Na cita están presentes 17 centros educativos públicos lucenses que amosan a ampla variedade de titulacións de Formación Profesional que se imparten na provincia e o potencial das ensinanzas artísticas e de idiomas