Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.305 novas da área temática Medio ambiente:

16/03/2025 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a actividade cinexética como ferramenta clave para garantir o equilibrio ecolóxico no medio natural

Subliña que para facilitar o labor do colectivo o seu departamento ofrece axudas para a mellora dos hábitats cinexéticos e a construción de tobeiras artificiais nos Tecores

16/03/2025 | 12:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca fluvial comeza en Galicia para os máis de 47.000 afeccionados con licenza vixente

Ángeles Vázquez salienta que un total de 24.530 pescadores menores de idade ou maiores de 65 anos se benefician da exención do pago de taxas, a metade do total

15/03/2025 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a alta participación no mercado circular do Tinglado de Ferrol demostra o compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe

Ángeles Vázquez avanza que, ante o éxito desta iniciativa en Vigo e Ferrol, xa se está preparar a terceira edición, que terá lugar o vindeiro 17 de maio na cidade da Coruña

14/03/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Greenfiber en Palas de Rei condicionada ás exixencias dos informes sectoriais e da declaración de impacto

Ángeles Vázquez salienta que a declaración de impacto ambiental desta iniciativa é o resultado de 34 informes elaborados de xeito rigoroso e exhaustivo polos técnicos de distintos departamentos cos que se busca garantir a preservación dos valores ambientais, culturais, patrimoniais e socioeconómicos da comunidade

13/03/2025 | 20:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta suspende cautelarmente parte da actividade do centro de tratamento de residuos industriais de Galicia nas Somozas ante varios casos de intoxicación

Tras visitar hoxe as instalacións, inspectores do Servizo de Intervención Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático abren unha investigación para verificar o seu correcto funcionamento e detectar posibles anomalías nas emisións

13/03/2025 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a importancia de que o sector forestal participe no futuro mercado voluntario de créditos de carbono que deseña a Xunta

Ángeles Vázquez lembra que os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia en 2022, o que representa a cuarta parte de todo o carbono almacenado por este tipo de solo en todo o Estado

12/03/2025 | 18:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
12/03/2025 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez lamenta que a cidadanía da Coruña pague as consecuencias da mala xestión de residuos do Goberno municipal

A conselleira censura que o Concello non implantase a recollida selectiva de envases lixeiros malia as reiteradas advertencias da Xunta, o que finalmente supuxo a incoación dun expediente sancionador cunha posible multa de ata 100.000 euros