Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.424 novas da área temática Emprego:

27/01/2025 | 09:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para impulsar a formación e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e estes apoios destinados ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido, que este ano se unifican nunha mesma orde para avanzar na simplificación administrativa

26/01/2025 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo

25/01/2025 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas

24/01/2025 | 14:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina este ano máis de 8,5 M€ a apoiar a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro

Estes apoios poden solicitarse desde hoxe ata o próximo 24 de febreiro tal e como reflicte a convocatoria de 2025 destas axudas publicada no Diario Oficial de Galicia

24/01/2025 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para favorecer a contratación de persoas pertencentes a colectivos prioritarios

Con este programa, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia e que abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo venres 31 de xaneiro, prevese a contratación de 1.700 persoas de sectores con máis dificultades de inserción laboral

23/01/2025 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta e Anfaco-Cecopesca analizan vías de colaboración para reforzar a empregabilidade e a remuda xeracional no sector mar-alimentario

Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, abordáronse medidas impulsadas pola Xunta para aliñar a formación para o emprego en liña coas necesidades das empresas e clústeres sectoriais

23/01/2025 | 14:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía os retos que afrontan as mulleres emprendedoras para reforzar e optimizar medidas como o programa Emega

Fabiola García destaca que o investimento de 27M€  na última década permitiu apoiar a máis de 2.000 emprendedoras galegas, a maioría delas autónomas, e xerar máis de 4.000 empregos femininos na comunidade