Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o proceso de modernización do servizo público de emprego galego dentro dun mercado laboral que amosa datos históricos
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, respondeu hoxe na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos a unha pregunta relacionada co impacto na comunidade do Plan de formación permanente do persoal do SPEG
A Xunta destaca en Stellantis Vigo a aposta pola formación á carta das empresas para reforzar a súa competitividade a través da captación de talento
José González puxo de relevo que o Goberno galego traballa no futuro decreto de microcredenciais para o traballo co fin de blindar un modelo formativo áxil e axeitado ás necesidades das empresas
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para afrontar retos do mercado laboral como a cobertura de vacantes e o absentismo inxustificado
José González debullou as medidas do Goberno galego para atender as necesidades do tecido produtivo e fomentar o emprego de calidade, como o impulso da formación flexible ou a atracción de talento, co foco nos galegos do exterior
A Xunta inicia en Ribadeo un curso pioneiro sobre riscos psicosociais no eido laboral enmarcado no seu compromiso coa seguridade e saúde no traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración do curso de verán `Riscos psicosociais no traballo: avances científicos e enfoques aplicados´
Rueda reivindica o compromiso da Xunta coa saúde dos traballadores e a prevención de riscos laborais
Destaca a posta en marcha do Plan de mellora da xestión e control da incapacidade temporal para aumentar a eficiencia do sistema sanitario, mellorar a atención ao paciente e reducir a burocracia
A Xunta salienta os máis de 7 M€ investidos na Laracha para mellorar a empregabilidade da veciñanza e atender as demandas do tecido produtivo local
O concello é un dos 58 beneficiarios da última convocatoria dos programas integrados de emprego, cun apoio de 220.000 euros, e ademais acolle un dos 87 obradoiros duais que promove a Xunta en toda Galicia, cunha achega de preto de 412.000 euros
A Xunta recoñece cinco centros escolares e tres cooperativas nas edicións deste ano do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións de ambas iniciativas, que no caso do ensino recaeron en centros das localidades de Moaña, Tomiño, Barreiros, A Coruña e Vigo e as cooperativas premiadas son Rexenerando, Illa Bufarda e Lemos
A Xunta lanza a convocatoria de axudas para a creación de cooperativas ou sociedades laborais dotada este ano con máis de 2,3 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas achegas, cuxo prazo estará aberto desde o vindeiro 20 de xuño ata o 15 de setembro
A Xunta participa na presentación da nova edición do 'Maker Faire Galicia' dentro da aposta estratéxica en prol do emprendremento e a remuda xeracional
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á rolda de prensa de presentación da undécima edición da Maker Faire Galicia