Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.147 novas da área temática Medio ambiente:

09/12/2024 | 13:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 42.000 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio coa entidade local para financiar o novo equipamento

07/12/2024 | 12:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remata as obras da depuradora de saneamento no lugar de Cioi, no concello de Vilarmaior, cun investimento de 55.000 euros

As actuacións contribuirán a un correcto tratamento das augas residuais xeradas por unha poboación de 100 habitantes

06/12/2024 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avalía co concello de Ponteceso melloras nos servizos de augas e na loita contra as inundacións

O director de Augas de Galicia mantivo un encontro co alcalde co fin de analizar as necesidades do municipio en materia de saneamento e abastecemento

06/12/2024 | 12:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistra o mes de novembro máis calido desde que hai datos cunha temperatura media 3,3 graos superior ao habitual

O avance do informe mensual de MeteoGalicia establece que foi un período seco xa que as precipitacións rexistradas na Comunidade foron un 35% inferiores aos valores normais nesta época do ano

05/12/2024 | 19:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia do sector mineiro na transición cara a unha economía dixitalizada e descarbonizada

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asiste hoxe á XVII Edición dos Premios Santa Bárbara organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia

05/12/2024 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza o concurso #ParqueVibras para animar ao alumnado de secundaria a crear vídeos para redes sociais inspirados no patrimonio natural galego

Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos

05/12/2024 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Goberno central a aclarar o estado das reclamacións polo dano ambiental e os custos xerados polo episodio dos pellets

O Executivo galego presentará un recurso de alzada para poñer fin ao silencio do Ministerio e lograr avances neste eido ao tempo que negocia extraxudicialmente cos representantes da navieira coa finalidade de que afronte os custos do suceso

05/12/2024 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Moaña que suman máis de 7,2 km

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 24 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos