Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.021 novas da área temática Turismo:

25/04/2025 | 16:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lamenta que o Goberno traslade aos medios e non á autoridade competente supostas irregularidades en vivendas de uso turístico

Afea a decisión de anunciar antes aos medios de comunicación que ao Goberno galego, con competencias exclusivas turísticas, a información sobre suposta publicidade ilícita deste tipo de aloxamento

24/04/2025 | 18:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a Festa da Filloa que se celebrará en Muimenta o 1 de maio

A organización estima que se porán á venda 18.000 filloas na 34ª edición desta cita, declarada de Interese Turístico galego

23/04/2025 | 20:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Primavera de Portas Abertas arrinca en maio a 14 edición cunha forte aposta polas experiencias singulares ao redor do enoturismo

Turismo de Galicia presentou a programación para 2025 que se desenvolve en colaboración coas cinco rutas do viño

23/04/2025 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

Os concertos do Xacobeo apoian unha nova edición do Festival de la Luz que entregou os fondos solidarios recadados o pasado ano

A directora de Promoción de Turismo de Galicia participou no acto ao que tamén asistiu a madriña do evento, Luz Casal

23/04/2025 | 14:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 200.000 euros para a construción dun albergue de peregrinos en Noia ao abeiro da intervención Leader

A conselleira visitou esta mañá as instalacións, situadas na antiga fábrica de curtidos da familia Cadarso, que puideron rehabilitarse grazas ao impulso do Grupo de Desenvolvemento Rural Deloa

22/04/2025 | 17:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Marc Anthony actuará de novo en Galicia o vindeiro 13 de xullo no porto da Coruña da man dos concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia xunto coa delegada provincial, Belén do Campo, presentou a cita na pretende posicionar a cidade herculina como un destino clave para grandes espectáculos internacionais

22/04/2025 | 12:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impulso do Caudal Fest á promoción dos recursos turísticos locais de Lugo e o impacto económico na cidade

O cartel definitivo deste evento incluído nos Concertos do Xacobeo que impulsa a Xunta de Galicia desvelouse hoxe nun acto no Concello de Lugo, no que participou o director de Turismo de Galicia, xunto co delegado da Xunta, Javier Arias

21/04/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 113.000 euros para potenciar o atractivo turístico do concello de Corcubión

Este municipio recibiu dúas axudas para a rehabilitación sustentable da capela do Pilar para sala de exposicións e para a mellora da accesibilidade do campo de San Antonio