Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

29/04/2025 | 10:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 600.000 euros as obras de substitución das cubertas do Cee Terra de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, anuncio a actuación no día de onte durante unha visita ao centro educativo 

28/04/2025 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 250.000 euros na renovación da cuberta do IES Politécnico de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o centro educativo para avanzar os detalles da reforma que se realizará no verán

27/04/2025 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos

O traballo de campo inclúe máis de 16.000 enquisas e observacións, divididas en 13.200 enquisas a persoas usuarias, 1.974 observacións do tipo cliente misterioso, 457 enquisas a centros de ensino con transporte compartido e 600 enquisas a persoas non usuarias

27/04/2025 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adquirirá 3.600 novas unidades de material, mobiliario e equipamento para os centros educativos

Licita cinco contratos por preto de 2M€ divididos en 49 lotes para mellorar o material didáctico, deportivo, de laboratorio e cociña dos centros

27/04/2025 | 10:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 425.000 euros as obras de posta en valor da ponte medieval de Ponte Sampaio, que une Pontevedra e Arcade

O obxectivo é garantir a conservación da ponte e realzar a súa estética, reforzando o atractivo desta zona que coincide coa traza do Camiño Portugués

26/04/2025 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a humanización da avenida das Caldas de Ourense, que inclúe unha senda ciclista entre a Intermodal e a Ponte Vella

A actuación na avenida das Caldas permitiu gañar espazo para as persoas ao habilitar beirarrúas máis anchas e o carril bici, ademais da renovación de pavimentos e servizos urbanos e a mellora da mobilidade no treito que coincide coa ruta da Vía da Prata

25/04/2025 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axusta o percorrido de dúas liñas urbanas en ferrol logo da reapertura parcial da avenida das Pías

As liñas Caranza-Praza Vella e Praza Vella-Caranza deixarán de percorrer a rúa Telleiras e volverán á avenida das Pías

25/04/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon á disposición un texto consolidado da Lei do Solo de Galicia para facilitar a consulta e aplicación da normativa urbanística

O documento integra nun único texto as modificacións que a norma tivo dende a súa orixe, o que axiliza a consulta por parte dos profesionais que o necesiten

24/04/2025 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto para executar novas sendas na Estrada AC-433 en Laxe, cun investimento de máis de 900.000 €

O obxectivo é a construción de dous tramos de sendas: un primeiro entre Castrelo e a senda executada en Serantes; e un segundo, que une este núcleo con Laxe