Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

01/02/2025 | 15:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
01/02/2025 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 25 ofertas para a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia

Con estes contratos redactaranse os proxectos para abordar 114 itinerarios de alta prioridade nas catro provincias galegas, que permitirán estender a actual rede de sendas de Galicia noutros 120km ata 2027, cun investimento total de preto de 70M€.

30/01/2025 | 14:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a reciclaxe de residuos, con axudas convocadas para este ano por importe de 3,2 M€

Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas instalacións

29/01/2025 | 18:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre os espazos de interese comunitario da comunidade

En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados

29/01/2025 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá 1 M€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión Específicos para as 75 Zonas de Especial Conservación e Protección incluídas na Rede Natura

Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede, conformada por 355.000 hectáreas, é moi esixente e moi estrita

29/01/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con case un cento de medidas e máis de 1.700 M€ en investimentos ata 2030

Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a sensibilización fronte ao quecemento global

28/01/2025 | 17:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación de Persoas Xordas colaborarán para formar a persoal dos espazos naturais de Galicia en lingua de signos

Ángeles Vázquez subliña que o obxectivo é facilitar o coñecemento e o acceso das persoas xordas e xordo-cegas aos principais espazos protexidos galegos, así como a instalacións públicas como os centros de interpretación e as aulas da natureza

28/01/2025 | 14:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’

Agradece a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente