Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta o compromiso do sector hostaleiro galego coa redución do desperdicio alimentario para cumprir os obxectivos marcados pola UE de cara a 2030
Ángeles Vázquez fai fincapé no obxectivo compartido de fomentar a reciclaxe e a correcta separación dos residuos no sector da restauración, do aloxamento e do ocio nocturno da comunidade
A Xunta e a Universidade de Vigo reforzan a posición de Galicia como refuxio climático deseñando ferramentas para que os concellos actúen neste eido a nivel local
O acordo entre as partes permitirá deseñar unha metodoloxía para elaborar mapas de calor e localizar refuxios climáticos, avanzando así tanto na creación de zonas verdes como nun maior benestar da cidadanía
A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o traspaso da xestión do litoral e incluirá as demandas galegas nunha nova proposta
O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre, unha cuestión que beneficiará tamén ao resto das comunidades autónomas litorais
A Xunta concede axudas por valor de máis de 57.500 euros aos concellos de Cedeira e Ares para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprobou esta mañá as actuacións de mellora levadas a cabo nos lavadoiros da Penela e do Peneiro para as que o Concello de Cedeira recibiu unha achega de 20.000 euros
O Servizo Galego de Saúde é recoñecido como campión climático de Europa na sanidade e un dos sete campións do mundo
Recibe un total de nove distincións nas tres categorías establecidas pola organización Saúde Sen Dano
A Carballa da Rocha convértese no quinto monumento natural de Galicia en contar cun plan de xestión para garantir a súa preservación na vindeira década
Ángeles Vázquez avanza que inclúe un programa de actuacións que prevé un investimento de preto de 350.000 euros nos próximos dez anos
A Xunta traslada ao tecido empresarial galego que a Lei de administración ambiental simplificada acurtará trámites grazas ao principio de autorización única
Con esta reunión ponse fin á rolda de contactos iniciada en outubro cos principais sectores, organizacións profesionais e entidades afectadas pola futura norma, unha vez finalizada a fase de consulta pública previa e iniciada a redacción do primeiro borrador
A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Outes que suman máis de 12 quilómetros
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 14 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos