Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta abre hoxe o prazo para que concellos e mancomunidades poidan solicitar axudas coas que financiar a contratación de socorristas no verán
A orde da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dotada con 1,5M€, sufragará os gastos da contratación de persoal de socorrismo, tanto persoal en situación de desemprego como persoal propio do concello para o servizo de socorrismo ou contratado a través dunha empresa externa
A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas abertos Investigo (4,8 M€) e Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€) ou o de primeira experiencia profesional (6,3 M€), que se lanzará en próximas semanas
A Xunta reforza no Polo do Carballiño as estratexias colaborativas de emprendemento, avogando pola especialización e o potencial de cada contorna
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na xornada ‘Dinamización do ecosistema emprendedor’, que reuniu a diferentes axentes do territorio para seguir fomentando sinerxías e marcando obxectivos comúns
A Xunta impulsa a avaliación da eficacia e impacto das súas políticas activas de emprego a través dun convenio pioneiro coa Universidade de Santiago
José González pon en valor que a firma deste marco colaborativo supón dar un paso fundamental na fiscalización independente e autónoma das medidas promovidas polo Goberno galego neste eido, analizando e contribuíndo a mellorar a súa eficiencia
A delegada da Xunta en Ferrol informa a AJE Ferrolterra da convocatoria única de axudas para autónomos impulsada polo Goberno galego este 2025
A orde engloba cinco programas de axudas que van desde as que estimulan o inicio de actividade, ata axudas para o mantemento e a consolidación, a conciliación e o Bono Nova Oportunidade
A Xunta convoca por máis de 2,7 M€ as axudas de 2025 para a consolidación e impulso das entidades da economía social
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova edición do Bono consolida economía social, con achegas que poderán ser de ata 30.000 euros por entidade
Belén do Campo visita os cursos AFD da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo que contan cun apoio da Xunta de case 307.000 euros
A delegada informou que a Xunta apoia con máis de 6,1M€ a 24 entidades da cidade da Coruña para levar a cabo 127 Accións Formativas para Desempregados
A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións do proxecto Fixar que potencian os espazos ‘coliving’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa Asociación Cultural Sende e da que forman parte os coliving de Sende, Anceu e iSlow
A Xunta reforza a súa aposta pola innovación e o emprendemento cooperativo coas novas axudas do Igape e Emprego
Toca Carús pon en valor o amplo abano de liñas activado este ano, que suma máis de 172 millóns para promover o impulso á innovación, á dixitalización e á internacionalización do tecido produtivo galego