Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 6 ofertas para construír unha senda peonil e ciclista na PO-841 ao seu paso polo Concello da Estrada, cun investimento de 1,1 M€
O obxectivo do novo itinerario é facilitar os desprazamentos seguros de peóns e ciclistas neste treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo
A Xunta publica no DOG a aprobación da delimitación do ámbito das Saíñas, en Cangas, para desenvolver solo residencial para construír ao redor de 300 vivendas
As vivendas previstas neste PIA serán todas protexidas
A Xunta remata as obras de humanización e mellora da accesibilidade no núcleo de Moreiras, en Toén, que acadan un investimento total de máis de 400.000€
As intervencións incluíron unha área de xogos para nenos, zona de pérgolas con mobiliario, a instalación de elementos biosaudables, unha pista multideportiva e un auditorio con bancos prefabricados e escenario
A Xunta Consultiva de Ordenación do Territorio e Urbanismo consolídase como ferramenta clave de apoio técnico e seguridade xurídica na aplicación da normativa con 248 informes emitidos
A directora xeral de Urbanismo informou no Parlamento do balance deste órgano, que celebrou 30 sesións e deu resposta principalmente ás consultas formuladas polos concellos galegos
A Xunta asina co Concello do Porriño o convenio para a mellora urbana, paisaxística e de accesibilidade do parque Alcalde Ordóñez, que suporá un investimento total de máis de 485.000 €
Trátase de transformar o espazo existente —actualmente pouco funcional— nun parque seguro, plenamente accesible, confortable climaticamente e cunha identidade paisaxística vinculada ao territorio
A Xunta prevé aprobar o proxecto de rehabilitación do Pazo de Dona Urraca este ano e rematar as obras en 30 meses
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, aclara que os contratos recentemente asinados inclúen a dirección das obras e polo tanto fixan os prazos totais para a finalización dos traballos
A Xunta licita a redacción do proxecto e as obras de construción de 34 vivendas públicas na avenida Syra Alonso, en Santiago, cun investimento autonómico de máis de 7 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle nun mesmo bloque a redacción, dirección e obras para axilizar esta actuación e o prazo de presentación de ofertas remata o 3 de setembro
A Xunta entrega tres novas vivendas públicas en alugueiro accesible trala rehabilitación dun inmoble en Ferrol Vello ao abeiro do programa Rexurbe
Os beneficiarios son tres persoas menores de 36 anos, que aboarán entre 99 e 141 euros mensuais de alugueiro
A Xunta mellora o viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, na parroquia de San Martiño do concello ourensán de Manzaneda
Manuel Pardo explicou que esta actuación levada a cabo neste camiño coñecido como subida a Soutelo, ten como obxectivos principais a mellora do drenaxe do camiño, a mellora da capa de rodaxe e sinalización viaria horizontal do camiño, e o soterrado do cableado aéreo da iluminación pública e de electricidade